Ferrovial Servizos incumpre o contrato para a limpeza sanitaria e a Xunta “mira cara a outro lado”, denuncia UXT
A Unión Xeral de Traballadores denuncia os “graves incumprimentos” de Ferrovial Servizos na limpeza sanitaria.
A Unión Xeral de Traballadores denuncia os “graves incumprimentos” de Ferrovial Servizos na limpeza sanitaria.
Segundo o sindicato, a empresa vulnera o acordado na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
Exteriores do hospital de Lugo | Foto: EP
Hai dous meses que Ferrovial Servizos S.A. Adxudicouse a limpeza da área sanitaria de Lugo e, desde entón, UXT denunciou de forma reiterada “irregularidades e incumprimentos” no servizo. Dous meses despois, os traballadores e traballadoras da compañía carecen do sistema de limpeza con microfibras e das uniformidades solicitadas, como tampouco dispoñen dos vehículos eco-cero.
Estas carencias, pese ao compromiso da empresa, supoñen un “grave incumprimento” do acordado en “os pregos de condicións na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos”. “Nestes momentos, en plena pandemia, as persoas traballadoras están a atoparse con reducións de xornada no momento que máis necesarias son, tanto para o persoal dos centros como para os propios usuarios dos mesmos”, advirte tamén o sindicato.
Do mesmo xeito, desde o sindicato denuncian a permisividade da Xunta de Galicia. “Non damos crédito a que esta situación estea a producirse sen que se tomen medidas sancionadoras, salvo que alguén estea moi interesado en non sacar estes feitos á luz”, manifesta UXT.
A continuación, o sindicato subliña xa que non vai “permitir ” esta conduta nun servizo “ vale millóns de euros, xerados polos impostos de todos os lucenses”. Por isto, insta as autoridades a que apliquen “as medidas necesarias” e que realicen un seguimento para que Ferrovial cumpra cos seus compromisos.
Escribe o teu comentario