Simulacro de sirenas no encoro de Os Peares de Naturgy este mércores e este xoves
Naturgy realizará o vindeiro mércores e xoves, 28 e 29 de abril, a proba acústica das sirenas instaladas na presa de Vos Peares. As sirenas serán audibles, entre as 9,00 e as 18,00 horas, nas proximidades do encoro de Vos Peares (concellos de Carballedo, Pantón, A Peroxa, Nogueira de Ramuín, Coles, O Pereiro de Aguiar e Ourense).
A empresa lembra aos veciños e camiñantes que non deben realizar ningunha operación especial ao escoitar as alarmas
É UN SIMULACRO
Xa que unicamente trátase dunha proba, Naturgy traslada nun comunicado que la poboación non deberá realizar ningunha acción especial ao escoitala e poderá continuar normalmente coas súas actividades.A compañía enerxética xunto coa Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, a Unidade de Protección Civil da Subdelegación do Goberno en Ourense e Lugo e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, está a acometer a implantación dos Plans de Emerxencia nas presas que xestiona dentro das provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, en cumprimento ao establecido na Planificación de Protección Civil ante o Risco de Inundacións.
No caso de Os Peares, dentro das medidas que establece o Plan de Emerxencia inclúese a instalación de unha rede de sirenas dentro da zona de influencia da presa, cuxo labor será o de alertar á poboación en caso necesario.
Están a desenvolverse actuacións semellantes en toda España, e Naturgy xa ten implantados 18 Plans de Emerxencia de Presas plenamente operativos.
Escribe o teu comentario