O Sergas sobe as restricións en Vigo pola alza de positivos de covid

O continuo ascenso de casos de coronavirus nas últimas xornadas en Vigo levou ao comité clínico a endurecer as restricións na cidade máis poboada de Galicia, que desde a medianoite do próximo venres pasará a estar en nivel medio.

|

O Sergas a Xunta relaxou as restricións en toda Galicia este venres.


Poucos días despois tivo que endurecelas na cidade máis poboada de Galicia



O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na rolda de prensa posterior ao comité clínico.


O continuo ascenso de casos de coronavirus nas últimas xornadas en Vigo levou ao comité clínico a endurecer as restricións na cidade máis poboada de Galicia, que desde a medianoite do próximo venres pasará a estar en nivel medio.


A principal diferenza respecto a a situación actual será que o aforo dos locais de hostalería pasará a ser do 30% no interior e do 50% no exterior. O peche é ás 21.00 horas para bares e 23.00 horas para restaurantes.

A principios desta semana o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, xa alertara da situación "preocupante" de Vigo e advertira de que se terían que tomar medidas ante unha incidencia que se está disparando.

Vigo é a única das sete grandes cidades galegas neste nivel de restricións, no cal tamén estarán desde o vindeiro venres 19 municipios máis: Trabada, Barreiros, Lobios, Cartelle, Cambados, Catoira, Vilagarcía de Arousa, A Illa, Meis, Sanxenxo, Cangas, Gondomar, Ponteareas, Boiro, Rianxo, Carral, Muxía, As Pontes de García Rodríguez, e Ortigueira.

MÁXIMAS RESTRICIÓNS
Na súa reunión deste martes, o comité clínico tamén decidiu manter nas máximas restricións aos concellos do Grove, A Pobra do Caramiñal, Carballeda de Valdeorras e Cualedro.

O Grove e A Pobra do Caramiñal levan desde o venres 9 de abril con restricións máximas, un nivel ao que se incorporou o venres 16 Carballeda de Valdeorras e este luns Cualedro. Este nivel conleva que non se pode saír nin entrar destes municipios, salvo por causas xustificadas, a hostalería esta pechada (salvo comida para levar ou recoller) e están prohibidas as reunións de non conviventes, tanto en espazos públicos como privados.

Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos municipios de Marín, Meaño, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Padrenda, Cortegada, O Barco, Rubiá, Lobeira, Muiños, Petín, Meira, Ribeira e Cambre. Neste nivel, a hostalería só pode servir nas terrazas cun aforo do 50 por cento.

No resto de municipios galegos estarán vixentes as restricións do nivel medio baixo, nos cales se pode ocupar ata o 50% do aforo no interior de bares e restaurantes e ata o 75% en terraza.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE