Reciclar en Santiago de Compostela ten premio: cambian latas e botellas por por puntos para sorteos

Tamén poderán destinarse os puntos a proxectos locais, que na capital galega empezarán por adecuar un parque de Santa Marta

|

A capital galega estreará o proxecto pioneiro de Ecoembes que busca incentivar a reciclaxe con sorteos de premios e puntos por cada botella ou lata reciclada. 


"A idea é poder gozar de áreas de lecer que, nestes momentos, son zonas axardinadas pero non están acondicionadas", indica Milagros Castro, concelleira de Medio.


Presentación da iniciativa 'Reciclos' en Santiago

Contedores con código QR | Foto: EP


Santiago de Compostela estreará en Galicia o proxecto deseñado por Ecoembes polo que os veciños que reciclen botellas de plástico e latas recibirán puntos cos que entrarán en sorteos de premios e que tamén poderán destinar á finaciación de proxectos locais vinculados ao medio ambiente.

A través dunha aplicación informática, os residentes na capital galega terán a opción de escanear as latas e botellas que consumisen e que se converterán en puntos 'reciclos' co código 'QR' que haberá en todos os contedores amarelos de Santiago.



A iniciativa, que xa fuciona en once comunidades autónomas e que vivirá en Compostela a súa primeira experiencia en Galicia, foi presentada este mércores en Santa Marta, o barrio elixido polo concello santiagués para desenvolver o primeiro dos proxectos que os veciños poderán financiar cos puntos obtidos coa reciclaxe dos seus residuos.


"A idea é poder gozar de áreas de lecer que, nestes momentos, son zonas axardinadas pero non están acondicionadas", explicou a concelleira de Medio Ambiente, Milagros Castro, que estivo acompañada na presentación pola directora xeral de Calidade Ambiental, Sagrario Pérez, e o director de xestión local e autonómica de Ecoembes, Anxo Hervella.

O proxecto, que segundo Ecoembes é "unha evolución do modelo actual" de reciclaxe co que se pretende "premiar" aos que o fan, chega a Santiago coa idea de que a cidade sirva de banco de probas para a expansión da inciativa a outros municipios da Comunidade galega.

Así, cos puntos obtidos pola reciclaxe de latas e botellas, ademais de ter a opción de financiar proxectos como o do barrio de Santa Marta, os cidadáns tamén poderán entrar en sorteos de patinetes eléctricos ou produtos locais, como resaltou Anxo Hervella.

A responsable autonómica de Calidade Ambiental resaltou que o proxecto "coincide" cos obxectivos marcados na Estratexia galega de economía circular, que fixa como prioridade prolongar "a vida" dos materiais.

Ademais, tamén valorou que se aposte por "bonificar actitudes" en lugar de impoñer "novos impostos" como vía para implicar á cidadanía na reciclaxe. "Estaremos pendentes dos resultados para levar o proxecto a outros puntos de Galicia", engadiu Sagrario Pérez.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE