Ao redor de 30.000 firmas piden un Xabarín Club 24 horas: programación en galego para o público novo

A Mesa pola Normalización Lingüística (MNL) pechou este mércores a campaña de recollida de firmas en Pontevedra en apoio dunha iniciativa popular para reclamar unha canle da televisión pública de Galicia que emita as 24 horas o programa Xabarín Club, para ampliar os contidos de carácter infantil e xuvenil en lingua galega e favorecer a aprendizaxe e normalizar o uso deste idioma entre a poboación máis nova.

|

A punto de o peche da campaña, A Mesa pola Normalización Lingüística, impulsora da iniciativa, solicitou preto de 30.000 apoios para a creación dunha canle infantil e xuvenil 24 horas en galego. 


Apenas o 4,6% da programación infantil semanal está en galego, unha cifra que se esborralla ata o 2,7% na fin de semana.


XABARIN


Campaña para a creación dunha canle infantil e xuvenil en galego 24 horas | Foto: A Mesa


A Mesa pola Normalización Lingüística (MNL) pechou este mércores a campaña de recollida de firmas en Pontevedra en apoio dunha iniciativa popular para reclamar unha canle da televisión pública de Galicia que emita as 24 horas o programa Xabarín Club, para ampliar os contidos de carácter infantil e xuvenil en lingua galega e favorecer a aprendizaxe e normalizar o uso deste idioma entre a poboación máis nova.


Sabela Bará, profesora de Língua Galega e representante da MNL, lamentou este mércores que o galego sexa a única lingua oficial do Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil.

O resultado disto é que só o 4,6% da programación infantil semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana, segundo A Mesa pola Normalización lingüística.


Esta campaña comezou hai un ano e está a piques de finalizar, recollendo estes días as últimas firmas para a súa posterior presentación no Parlamento de Galicia. Segundo Bará, a iniciativa está a ter boa acollida e levan ata o momento sobre 30.000 firmas recollidas.


Ademais, a iniciativa reclama, entre outras peticións, ao Goberno español que RTVE emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego na programación de Clan, a canle específica da RTVE para público infantil e xuvenil.


Igualmente pide que a Xunta de Galicia chegue a acordos con outras administracións e empresas (TVE, Movistar, Netflix, HBO, entre outras) co fin de garantir a opción dobrada e subtitulada ao galego en todas as plataformas dixitais de televisión.


E que realice as accións necesarias para a recepción mutua de Rádioa Televisión de Portugal e a CRTVG en Galicia e Portugal segundo o contemplado na Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias.


Segundo A Mesa pola Normalización Lingüística aínda segue aberto o prazo para poder asinar, e pódese facer nos establecementos e asociacións que colaboran coa campaña, ou contactando coa entidade a través do seu correo electrónico: xabarintv@amesa.gal, ou no teléfono de contacto: 981 563 885.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE