Os positivos de coronavirus en Galicia seguen nun chairo a pesar da mala evolución da área de Vigo

A tendencia xeral dos positivos segue nunha chaira, a pesar do rebote que está a sufrir a área sanitaria de Vigo.Son 118 os positivos comunicados hoxe, que alzan a incidencia acumulada semanal menos dun punto, de 29,5 a 30,4.


|

Os últimos datos do coronavirus en Galicia implican un repunte, aínda que lixeiro, na liña dos leves vaivéns da pandemia desde hai dúas semanas. 

A tendencia xeral dos positivos segue nunha chaira, a pesar do rebote que está a sufrir desde fai máis dunha semana a área sanitaria de Vigo.


Son 118 os positivos comunicados hoxe, que alzan a incidencia acumulada semanal menos dun punto, de 29,5 a 30,4. Abrindo o plano a dúas semanas a subida tamén é pouco significativa, de 62,7 a 63,5.








A taxa de positividade semanal tampouco cambia moito. Neste caso hai unha caída, de 2,2% a 2,1%, tras resultar positivos o 2,2% dos test PCR completados o domingo. O SERGAS está a lograr baixar este indicador, tras repuntar as semanas pasadas en parte á caída de positivos na ponte. Está por ver aínda como afecta a Semana Santa á cantidade de probas, pois os datos de hoxe proceden do sábado.


PORCENTAXE DE VARIACIÓN DE CASOS ACTIVOS


A cantidade de infectados sobe hoxe en varios distritos sanitarios, Vigo, Santiago e Pontevedra. A nivel galego, crece de 2.309 a 2.327. En termos porcentuais, isto significa un incremento do 0,8%. É a peor cifra desde hai case dous meses. 






Afortunadamente, o indicador máis relevante, a media semanal segue en valores inferiores a cero, o que significa que, desde un punto de vista a sete días, a tendencia de casos activos aínda é á baixa. Hoxe pasa de -1,2% a -0,8%. É posible que esta semana este indicador entre en algarismos positivos, o que siginificará que os infectados volven crecer desde o punto de vista semanal.



CONCLUSIÓNS


Da análise de todas estas estatísticas, pódese inferir que: 



  • A pandemia continúa estable, seguindo a súa tónica desde principios de mes. Os positivos varían uns días á alza e outros á baixa, pero son case sempre fluctuaciones pequenas.
  • Os datos deste domingo non son especialmente bos se os comparamos cos do domingo pasado. Con todo, hai que ter en conta que o domingo pasado foi un día excepcional, con moi poucos test.
  • A fronte máis preocupante agora mesmo é a área sanitaria de Vigo, a pesar de que A Coruña continúa cos peores niveis. Vigo a única que presenta unha tendencia claramente á alza, tanto en positivos como casos activos, repunte que se iniciou a mediados de mes.
  • Os indicadores de Galicia referentes á cantidade de positivos situán ao país en risco medio e é difícil que caian a risco baixo, teniendo en cuenta o previsible impacto da Semana Santa. A incidencia acumulada semanal necesita baixar a 25 e está en 30 cunha tendencia case plana. 


DBPGE  i incidencia acumulada semanal de coronavirus en galicia i  (6)




ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS SANITARIAS 


A Coruña lidera hoxe a cantidade de novos diagnósticos, con 35. Tamén é de lonxe a área con máis casos activos, case 850. Con todo, a tendencia do distrito é de descenso, lento pero perceptible. Pola contra a tendencia de Vigo, con 27 casos nas últimas 24 horas, é de crecemento. 





A mellor noticia do día é que Ferrol é a primeira área sanitaria de Galicia que queda sen enfermos críticos, algo non visto en todo o país este ano. Pontevedra e Ourense tamén están a piques de logralo, só teñen un paciente en UCI. A ocupación dos coidados intensivos só é destacable aínda na Coruña, con 14 enfermos graves. Unha boa noticia ante a eventual chegada dunha nova onda. Máis datos a nivel de área sanitaria e de concello nuns minutos en Galiciapress.






a

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE