Covid municipios: A Coruña sobe a risco alto, Santiago crece por 6º día seguido e Ourense perde a nova normalidade

A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador ao final da noticia.


|

O mapa da incidencia acumulada semanal por municipios de Galicia reflicte que os municipios directamente comunicados pola AP-9 tenden a sufrir os peores niveis. 

Non porque a infraestrutura teña que ver directamente cos contagios, pero si porque adoitan ser os concellos con máis densidade de poboación e con máis mobilidade, ao estar na maior arteria de transporte do país. En todo o discorrer da autoestrada do Atlántico, a penas hai municipios en verde, que reflicte o valor da nova normalidade.


Pola contra, son os municipios máis illados os que logran máis facilmente baixar de 10 contagios por 100.000 habitantes á semana e así vestirse de verde no mapa.


Claro que hai excepcións, porque ser un concello con pouca poboación implica que uns poucos casos pode facer disparar a túa incidencia como un foguete. Por exemplo, Beade, é o único municipio en negro, o peor dos niveis posibles, a pesar de que sumou menos de 9 positivos na última semana. Foron suficientes iso si para superar a barreira dos 250 positivos por 100.000 habitantes. O motivo é que Beade a penas ten 384 habitantes.




Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte:



  • Ourense +1
  • Sanxenxo +1
  • Marín +2
  • Moaña +2
  • Arteixo +3
  • Lugo +3
  • Cambre +6
  • Santiago de Compostela +6
  • Coruña (A) +12


De novo hai varios municipios cun forte sector turísticos entre os que soben, por exemplo Sanxenxo, Moaña, Marín ou Santiago. Pola contra, Cangas majora tras rebotar nas pasadas xornadas. 


Relación de concellos cuxa suma de positivos na última semana baixa hoxe respecto a esa mesma suma onte:




  • Carballiño (Ou) -4
  • Culleredo -3
  • Pontevedra -3
  • Vigo -3
  • Cangas -2
  • Ferrol -1
  • Oleiros -1




 

A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador ao final da noticia.


COMPARATIVA DE CIDADES


A sete días hoxe crecen as incidencias acumuladas en case todos os concellos urbanos. Só líbrase Vigo, precisamente o que máis problemas tivera ao comezo desta semana.




Abrindo o plano a 14 días, os únicos que se libran do ascenso das súas incidencias acumuladas son Lugo e Ourense, que xa son os dous con menor nivel de virus.




Ourense perde hoxe a súa condición de única cidade galega que alcanzara a nova normalidade. Bástalle que o seu cómputo a sete días crecese nun positivo para entrar outra vez en nivel de risco baixo. Ampliando o plano a 14 días Ourense aínda conserva certa tendencia á baixa:




Traxectoria contraria á de Santiago, onde se aprecia unha certa traxectoria á alza. Desde o punto de vista a 14 días, Santiago tocou fondo sobre o 15 de marzo e desde entón a súa situación empeora, lentamente por agora:




Malas noticias hoxe para a cidade da Coruña, que viña encandenando unha boa serie pero cuxa incidencia rebota tanto a 7 como a 14 días. Con o rebote de hoxe sitúa a súa incidencia semanal en 77, vístese de vermello claro no mapa, a cor do risco alto, que corresponde aos concellos que superar os 75 diagnósticos por cada 100.000 habitantes á semana.  No caso do indicador bisemanal, é a primeira vez que sobe nos últimos 11 días. Aínda así, A Coruña continúa sendo a urbe en peor situación do país. 




EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA


Por agora non hai ningunha área sanitaria que mostre síntomas dun repunte importante dos casos activos. A única que leva días á alza é Vigo, pero de maneira moi leve. A Coruña é a que máis está a aguantar á baixa, claro que vén dos peores niveis de todas:




Respecto onte, os casos activos baixan en catro das sete áreas sanitarias --A Coruña, Ourense, Santiago e Barbanza e Ferrol--, mentres que seguen igual que a xornada anterior na de Pontevedra-O Salnés e soben lixeiramente nas de Lugo e Vigo.


Deste xeito, a área da Coruña e Cee mantense co maior número de casos, con 927 --sete menos--; seguida da de Vigo, con 517 --16 máis--; a de Santiago e Barbanza, con 269 --tres menos--; Pontevedra e O Salnés, con 209 --sen cambios--; Lugo, con 185 --tres máis--; Ferrol, con 177 --doce menos--; e Ourense á cola, con 156 --catro menos--. 


ÚLTIMOS DATOS POR ÁREA

Polo seu lado, os novos contagios detectados con calquera tipo de proba repuntan a 162, tras comezar a semana con 103, descender a 90 o martes e subir a 133 este mércores.

En concreto, nas últimas 24 horas confirmáronse en Galicia 157 positivos con PCR, o que supón 33 máis que os contabilizados a xornada anterior. Do total, 60 corresponden á área da Coruña e Cee; 40 á de Vigo; 18 á de Santiago e Barbanza; 12 á de Pontevedra e O Salnés; 11 á de Ferrol; oito á de Lugo; e outros oito á de Ourense.





Deste xeito, os contaxiados con este coronavirus na Comunidade galega ascenden a 116.227, dos cales 28.197 corresponden á área da Coruña e Cee; 21.943, á de Vigo; 18.392, á de Santiago e Barbanza; 14.808, á de Ourense; 12.683, á de Pontevedra e O Salnés; 11.979, á de Lugo; e 8.225, á de Ferrol. 



HOSPITALIZACIÓNS POR ÁREA SANITARIA

Este xornada descenden os hospitalizados nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Ferrol cun maior alivio, xa que baixan a 12 os pacientes en unidades de hospitalización convencional --catro menos--, mentres que os ingresados en UCI mantéñense en dúas.

Pola súa banda, na da Coruña e Cee redúcense a 17 os pacientes Covid en UCI --uno menos-- e a 65 os que están noutras unidades --dúas menos--; na de Ourense permanecen dúas en críticos e baixan a 20 os doutras unidades --tres menos--; mentres que na de Santiago e Barbanza hai tres en UCI --sen cambios-- e 22 noutras unidades --dúas menos--.

En canto á de Vigo, mantéñense oito en UCI e baixan a 43 os ingresados noutras unidades --uno menos--; na de Pontevedra e O Salnés descenden a dúas os críticos --dous menos-- e soben a 14 os doutras unidades --uno máis--; mentres que na de Lugo seguen dúas en UCI e 11 noutras unidades --igual que a xornada anterior ambos os indicadores--. 


DDP56 incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia (4)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE