Concentracións en Galicia en defensa do clima tras un 2020 de récord: “O ano máis cálido desde que hai rexistros"

|

A organización Mocidade polo Clima de Vigo, ligada ao movemento Fridays For Future, promove a concentración deste venres 19 de marzo na cidade olívica. Outros puntos de Galicia celebran tamén mobilizacións este venres ás 12 horas. 


Baixo o lema #NonMáisPromesasBaleiras a organización busca esixir ás administracións públicas que se comprometan de forma decidida cos Acordos de París e loiten contra o cambio climático.


Protesta cambio climatico


Protestas contra o cambio climático | Foto: EP


A protesta celébrase en coordinación coa Folga Mundial polo Clima. “Ao rubricar este acordo, os Gobernos asinantes están obrigados a evitar un cambio climático perigoso mantendo o quecemento global moi por baixo dos 2°C e esforzándose para limitalo a 1,5° C”, lembran desde a organización, que demandan accións claras contra o cambio climático ante a “falta de ambición e compromiso” dos países asinantes.


A chaira do Museo Quiñones de León, en Castrelos, será o lugar no que terá lugar a concentración este vés ás 12 horas. As mobilizacións prodúcense despois de constatar que o pasado ano foi “o ano máis cálido xamais rexistrado” xusto nun contexto de crise sanitaria “en parte causada pola perda de biodiversidade debido á fraxilidade dos ecosistemas e a un proceso de globalización que non coñece límites”.



Con todo, esta non é a única concentración que terá lugar na comunidade. A Coruña, Bertamiráns, Tui, Vilagarcía de Arousa, Ferrol, Ourense, Lugo, Ribadeo e Santiago de Compostela tamén acollen protestas. 


Cartel galicia




Como exemplo do risco que supón o cambio climático, a plataforma lembra o ocorrido durante a tormenta Filomena, cando se rexistrou un temporal de frío “mentres noutras zonas chegaban a temperaturas superiores aos 29 ºC”, ou os incendios que cada ano azoutan Galicia e que en 2019 “queimaron o equivalente a 13.000 campos de fútbol”.



A continuación, manifestan a importancia de encadrar todo isto nun contexto no que a mocidade cada vez goza de menos oportunidades laborais e, as poucas existentes, son na súa maioría precarias. “O 40% da mocidade menor de 25 anos non ten emprego”, subliñan, á vez que poñen o foco sobre as desigualdades que causa a brecha de xénero e que fai ás mulleres “máis vulnerables ante a pobreza enerxética”.  


Datos muller



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE