A Asociación Paluso pide axuda para seguir axudando: un crowdfunding para unha furgoneta coa que repartir comida

A asociación solidaria Paluso, que reparte alimentos e artigos de primeira necesidade ás familias con menos recursos de Santiago de Compostela, necesita os donativos da xente para seguir axudando.



|

A asociación solidaria Paluso, que reparte alimentos e artigos de primeira necesidade ás familias con menos recursos de Santiago de Compostela, necesita os donativos da xente para seguir axudando. 


Agora buscan renovar a furgoneta coa que realizan a repartición porque "xa non dá máis de si" e necesitan 3.500 euros para unha nova. Están xa a máis de medio camiño do seu obxectivo. 


Repartición paluso


En Paluso necesitan un vehículo novo para as súas reparticións | Foto: FB Asociación Paluso


“Paluso necesita unha nova furgoneta!”. Poderíase dicir máis alto ou con letras maiúsculas, pero as necesidades da Asociación Paluso son as que son: necesitan unha nova furgoneta para seguir repartindo comida ás persoas máis necesitadas de Santiago de Compostela. Para lograr ese obxectivo, para o que necesitan 3.500 euros, en Paluso puxeron en marcha unha campaña de crowdfunding, que se atopa xa a medio camiño da meta.


Nestes momentos recibiron xa case 2.000 euros nos donativos achegados por, entre outros, os Bombeiros de Santiago, co fin de “seguir axudando a persoas sen recursos a través da distribución de artigos de primeira necesidade” co repartición de alimentos, roupa e todo tipo de cousas de primeira necesidade: desde cueiros ou artigos de hixiene ata carriños de bebé ou berces, pasando por xoguetes ou mobles.




Graciela Casto, voluntaria na asociación, afirma que se Paluso mantense á boia é grazas aos promotores da organización, dous pensionistas que dedican parte dos seus recursos “á compra e á repartición de alimentos”. “Chus Iglesias -impulsora da asociación- utilizou os seus propios medios para poder xestionar a recollida e repartición de alimentos que chega a máis de 80 familias de Compostela”.


Con todo, son tantas as necesidades e creceu tanto o número de persoas que necesitan axuda, que nin os brazos de Chus e o seu marido nin os das persoas voluntarias chegan xa a todos os recunchos da capital galega. O vehículo do que dispoñían “xa non dá máis de si”, polo que necesitan renovalo urxentemente. En agosto Chus indicou que desde que comezou con esta empresa “fundín xa tres furgonetas”. Agora reparten como boamente poden en vehículos sempre ata os topes de comida e demais cousas para a súa repartición. 




Coa vosa axuda poderemos seguir alimentando a moitas familias”, recalcan desde a asociación, á vez que fan fincapé na dolorosa situación na que se atopan moitos composteláns nestes momentos de crises.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE