Asociación de gardas civís protestan porque axentes galegos non foron vacinados

A Asociación Unificada de Gardas Civís (AUGC) emitiu este mércores un comunicado no que afirman que estes axentes "seguen sen ser vacinados contra a covid-19" en Galicia, mentres que o resto de Corpos e Forzas de Seguridade e funcionarios de prisións xa recibiron as súas doses.

|

Os beneméritos lembran que o Goberno lles pediu un esforzo especial para controlar a mobilidade e á hora de inmunizalos relégaos


A Asociación Unificada de Gardas Civís (AUGC) emitiu este mércores un comunicado no que afirman que estes axentes "seguen sen ser vacinados contra a covid-19" en Galicia, mentres que o resto de Corpos e Forzas de Seguridade e funcionarios de prisións xa recibiron as súas doses.


Garda Civil vacinado en Mu00e1laga nunha foto difudinda pola AUGC


Guardia Civil vacinado en Málaga nunha foto difudinda pola AUGC 


Tal e como lembran, segundo o protocolo establecido polo Goberno e aceptado pola Xunta, as Forzas e Corpos de Seguridade serían, despois dos sanitarios, os seguintes na vacinación.

Con todo, lembran, esta semana "empézase a vacinación de cidadáns entre os 50 e 55 anos mentres os gardas civís de toda Galicia seguen sen ser vacinados", cando "estes son os encargados da seguridade do 75% do territorio de Galicia".

O colectivo considera "indignante" esta situación, mentres que policías, funcionarios de prisións, bombeiros ou profesores están vacinados ou xa empezaron" a administración e despois de pedirlle aos axentes un esforzo especial nos controis.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE