O covid en Galicia entra nunha meseta que dilúe as esperanzas de alcanzar o nivel de risco baixo

Seguirá descendendo os 10 días que, a este ritmo, necesitaría para alcanzar o 50 que marca a fronteira con risco baixo?


|

A incidencia do coronavirus en Galicia retoma hoxe o descenso, despois do repunte de onte, o primeiro  desde o pico da terceira onda. Con todo, é un descenso mínimo. 


Ademais, a media da taxa de positividade  sobe por segunda xornada consecutiva.


Así, os 142 novos diagnósticos contribúen a rebaixar a incidencia acumulada semanal a 34,7. Unha caída pequeñísima respecto ao 35,2 de onte, de menos dun punto.


DBPGE  i incidencia acumulada semanal de coronavirus en galicia i  (1)



A curva deste indicador parece que entrou nunha fase de meseta con leves altibaixos, o que na práctica fai que se desvanezan as esperanzas de que Galicia baixase a menos de 25, a fronteira entre o nivel de risco medio actual e o risco baixo. 


A incidencia acumulada a 14 días tamén segue en risco medio. Hoxe cae de 83 a 80. A súa curva tamén se vai aplanando, tras encadear 27  días seguidos de descenso. Seguirá descendendo os 10 días que, a este ritmo, necesitaría para alcanzar o 50 que marca a fronteira con risco baixo? Vista a meseta da súa irmá pequena, a incidencia semanal, antóllase moi complicado.




O 2,1% das PCRs deron positivo onte. É un bo número, teniendo en cuenta que a OMS cifra no 5% o limiar para poder estimar que un foco está en vías de control e o semáforo de alertas estatal sitúa o mellor nivel, o de nova normalidade, no 4%.


A media semanal de Galicia leva máis dunha semana por baixo do 4%, o problema é que esa media semanal de a taxa de positividade repunta por segunda xornada consecutiva, aínda que sexa moi pouco, de 1,89% á 1,93%.


EVOLUCIÓN DA PORCENTAXE DE CAMBIO DE CASOS ACTIVOS

A serie que nos informa da velocidade de retirada ou avance da pandemia mostra unha media móbil semanal do -5,1% tras o -4,8% de onte. En termos absolutos, isto tradúcese en 165 casos activos menos, o que deixa o total en 3.257.


Todas estas cifras queren dicir que a cantidade de infectados segue á baixa, pero que o ritmo de descenso dos casos activos cada vez é máis lento. Aínda así, segue sendo máis veloz que en pasadas ondas.  


CONCLUSIÓNS

Con todas estas gráficas á nosa disposición, podemos concluír que:



  • Desde un punto de vista semanal, os contagios entran en unha fase de meseta. Fai xa catro días que a incidencia acumulada a sete días está practicamente plana, oscilando entre 34 e 35.
  • A perspectiva semanal é a que adopta a Xunta para tomar as súas decisións. Cambió de criterio,  antes daba prioridade á incidencia a 12 días, consciente de que a cepa británica, presente en máis do 80% das análises de ADN, propágase máis rápido. Por tanto, aínda que dende o punto de vista a 14 días a pandemia segue baixando, a efectos prácticos pódese inferir que o descenso da durísima terceira onda en Galicia terminou, ou está a piques de terminar.
  • Algo que non é sorprendente, dado que os valores de contagios alcanzados neste descenso foron e son moi baixos, inéditos desde principios de agosto. Tarde ou cedo, mentres non logremos a inmunidade de grupo vía vacúas ou contagios, a pandemia tiña que rebotar e o alivio das restricións, logicamente, contribuíu ao repunte. 
  • Trátase dunha tendencia que se observa en moitos países de Europa na actualidade, con indicadores á alza tras vencer os contagios do Nadal. A clave está en canto tempo Galicia é capaz de manter a meseta actual, sen sufrir outra onda que obrigue a endurecer outra vez as restricións, moi impopulares entre algúns sectores económicos e demográficos.




ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS

Un dos factores máis preocupantes da situación actual é que á cabeza do cambio de tendencia está A Coruña, que é o distrito con peores cifras de partida e o que día tras día suma máis novos contagios. Hoxe son 63 novos positivos, outra vez a única área que supera os 50.





Respecto ao alivio das restricións, a Xunta sempre esgrime que a ocupación das UCIs é un factor fundamental. Por agora non se aprecia ningún repunte nos pacientes críticos, con 77 en total, dos que case o 40% están na Coruña. Máis datos a nivel de área sanitaria e de municipio nuns minutos en Galiciapress.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE