A piques de tocar fondo o descenso do covid en Galicia? Terceiro día consecutivo de positivos á alza

Algo similar pásalle á incidencia acumulada a dúas semanas, baixa pero moi pouco, de 107 a 102.A taxa de positividade das PCR repite por segundo día no 2,2%, o que non é un mal dato.


|

Os últimos datos do coronavirus en Galicia sementan dúbidas sobre o alivio das restricións. Unha semana despois, encadeamos tres días consecutivos de alza de novos diagnósticos. 


Por agora todas as medias semanais seguen ao baixa pero non durarán moito máis así de consolidarse este indicio de cambio de tendencia.


A última vez que o país sufriu tres xornadas seguidas de aumento de positivos foi o 22 de xaneiro, no pico da terceira onda. Iso si, os 176 diagnósticos coñecidos hoxe  teñen pouco que ver cos máis de 1.500 de entón.


O preocupante da situación non é o calibre dos datos, senón os indicios de que a melloría tocou fondo.  Son indicios aínda, porque aínda non se reflicten nas medias a sete días, pero pronto se reflectirán se seguimos polo mesmo rumbo.


DBPGE incidencia acumulada semanal de coronavirus en galicia


A incidencia acumulada semanal cae, pero a penas nada, pasa de 42,5 a 40,8 positivos por cada 100.000 galegos. Algo similar pásalle á incidencia acumulada a dúas semanas, baixa pero moi pouco, de 107 a 102.


A taxa de positividade das PCR repite por segundo día no 2,2%, o que non é un mal dato. Contribúe a que a media siga afundíndose, baixa ao 2,4%, a mellor porcentaxe desde o inicio da segunda onda.







EVOLUCIÓN DA PORCENTAXE DE CAMBIO DE CASOS ACTIVOS

A derivada da curva de infectados alértanos dun rebote? Ao fin e ao cabo, este indicador mide a velocidade coa que acelera ou frea a pandemia e, por tanto, é moi sensible aos cambios de traxectoria. Afortunadamente, por agora, non hai sinais claros dun repunte.





A tendencia que se percible é a mesma que toda a semana. Casos activos  baixando pero cada día menor velocidade de descenso. As boas noticias é que o ritmo desa perda de velocidade é moi tenue. Empezamos a semana no -6,1% e estamos en en o -5,7%, tras o -6,4% de hoxe. Son 285 casos activos menos que onte, o que reduce ao total a 4.160 casos activos.


CONCLUSIÓNS

Con todas estas cifras sobre a mesa, podemos concluír que:


  • A pandemia segue perdendo terreo, aínda que cada vez hai máis indicios de que pode estar a piques de empezar a gañalo.
  • Eses indicios -a freada da caída de casos activos e encadear tres días de positivos á alza- aínda non son o suficientemente contundentes para poder afirmar que hai sinais claros dun próximo rebote. Aínda non hai ningunha media semanal rebotando.
  • Do que hai sinais claros é dunha desecelación da melloría, sobre todo nas cidades. A curva da incidencia acumulada a 14 día de case todas as urbes está practicamente plana.
  • Só hai unha semana do primeiro alivio serio das restricións, polo que a maior parte do seu impacto aínda non se trasladou ás estatísticas.


ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS

A Coruña segue sendo o distrito sanitario con máis problemas, tanto en termos absolutos como relativos. É por iso que é a única área que, desde hoxe, non está perimetrada. Este venres suma 71 positivos máis, único distrito que pasa dos 50.



Ourense corrixe o seu rumbo tras o impacto do brote nunha residencia de Xinzo con pacientes xa vacinados. Hoxe suma só 6 novos diagnósticos e en só quedan tres enfermos críticos alí.  



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE