Antón Gómez-Reino cuestiona a Ábalos pola "legalidade" da cidade deportiva do Celta de Vigo en Mos
O deputado de En Común pola Coruña leva a Fomento as súas preguntas sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mos que permitiu a construción do proxecto do Celta de Vigo. Inauguración da cidade deportiva da Celta | Foto: EPPodemos, a través do secretario xeral de Podemos Galicia e disputado da formación violeta no Congreso, Antón Gómez-Reino, cuestionou ao Ministerio de Fomento, encabezado polo socialista José Luis Ábalos, pola modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Mos.
O deputado de En Común pola Coruña leva a Fomento as súas preguntas sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mos que permitiu a construción do proxecto do Celta de Vigo.
Inauguración da cidade deportiva da Celta | Foto: EP
Podemos, a través do secretario xeral de Podemos Galicia e disputado da formación violeta no Congreso, Antón Gómez-Reino, cuestionou ao Ministerio de Fomento, encabezado polo socialista José Luis Ábalos, pola modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Mos. Esta recualificación supón habilitar máis dun millón de metros cadrados de chan rústico para a execución da nova cidade deportiva del Real Club Celta de Vigo, un proxecto que no seu día contou co informe negativo de Fomento e outros organismos oficiais.
Román González, concelleiro en Mos por Gañamos, a marca municipal de Unidas Podemos na localidade pontevedresa, explica que neses terreos, onde xa finalizou a primeira fase da cidade deportiva, “ tiñan a cualificación de chan rústico de especial protección forestal”. O Concello de Mos, que goberna a popular Nidia Arévalo, “busca agora completar esta primeira actuación cunha segunda destinada á instalación de campos de adestramento, así como cunha terceira que dotaría a zona cunha macroárea comercial” a pesar dos moitos informes contrarios a ese plan.
“A modificación do PXOM afecta o abastecemento de auga e gas de Mos, incumpre Lei de Estradas e mostra carencias no que se refire ás servidumes aeronáuticas, tal e como se recolle noutro informe da Dirección Xeral de Aviación Civil”, sinala a nota da formación violeta.
“A expropiación forzosa e a recualificación deses terreos só reportará beneficios aos promotores do proxecto, é dicir, aos grupos empresariais e investidores e ao propietario do Real Club Celta de Vigo”, lembra González, que pon o foco en como isto afectará á calidade de vida dos veciños de Mos, que levan moitos meses pelexando contra este controvertido proxecto. De feito, a Xunta de Comuneiros de Tameiga, que agrupa aos propietarios en réxime de man común de parte das terras que se pretenden expropiar, protagonizou diversas protestas por este caso.
“É intolerable que a alcaldesa manteña o seu empeño de sacar adiante un proxecto contra a vontade da veciñanza e en beneficio exclusivo dos grandes grupos empresariais que están detrás desta operación especulativa”, censura Román González, mentres esperan unha resposta por parte de Fomento sobre a legalidade da modificación do PXOM de Mos.
Escribe o teu comentario