A letalidade do covid dispárase mentres os contagios caen a niveis non vistos desde o verán

 



|

Os últimos datos do coronavirus en Galicia son excelentes. Hai que remontarse ao 10 de agosto para atopar tan poucos novos positivos. 


O único dato negativo é a taxa de letalidade. No último mes é un 76% superior á media de toda a pandemia.


En definitiva, hai moitos meses que non había tan pouco virus en Galicia. Con todo, o seu perigo é maior, dado que é máis virulento e, ademais, estamos cuns niveis aínda considerables de presión hospitalaria. 


C9Hr5 taxa de letalidade de coronavirus en galicia a 30 d as




Os 101 novos diagnósticos contribúen a seguir afundindo a incidencia acumulada semanal, que pasa de 57 a 53 positivos por cada 100.000 galegos. Isto sitúa a Galicia en nivel medio de risco, segundo a escala para este indicador no semáforo estatal de alertas. O país necesita caer a menos de 25 para entrar en risco baixo. A este ritmo poderíao conseguir a finais de semana ou principios da próxima.


A incidencia acumulada a dúas semanas necesita baixar a 50 para saír de risco medio e entrar en risco baixo. Non será facil conseguilo. Queda aínda bastante por baixar, pois agora está en 128. Existe o risco que o alivio das restricións provoquen un repunte antes de alcanzar a meta dos 50.


Con todo, o certo é que ata o de agora as dúas incidencias acumuladas levan baixando sen ningunha interrupción desde finais de xaneiro, o que permite certo optimismo.





A caída de positivos prodúcese ademais sen que repunte a taxa de positividade das PCRs. É dicir, non está a haber menos diagnósticos porque haxa menos probas. Así, a media semanal da taxa de positividade descende ata o 3,4%. O que si está a haber é moitas menos PCRs. As 4.874 de onte é a menor cantidade desde o 2 de xaneiro. 


VARIACIÓN DA PORCENTAXE DE CASOS ACTIVOS


O -5,1% de hoxe na gráfica da derivada de casos activos confirma que a melloría continúa, pero que está a perder velocidade. A media semanal chegou a alcanzar o -6,6 a semana pasada pero leva xa cinco días perdendo brío e sitúase no -6,1%. 





Isto quere dicir que a caída de casos activos continúa pero cada día esta caída é un pouco menor. Algo esperable, pois cada vez hai menos infectados aos que dar o alta. Hoxe son 270 menos que onte, situando o total en 5.207. É a menor cifra no que levamos de ano.


CONCLUSIÓNS

Con todos estes datos á nosa disposición, podemos inferir que:


  • A pandemia segue en retirada en Galicia, ademais a unha velocidade importante. Iso si, o ritmo de retirada é cada día un pouquiño menor.
  • Non hai ningún indicador claro dun rebrote a curto prazo. Que a curva da derivada de casos activos perda brío non é unha boa noticia, pero non constitúe por se soa un marcador de cambio de tendencia. Simplemente, hai menos infectados aos que dar o alta.
  • A caída de diagnósticos non se debe ao descenso de PCRs. O descenso, aínda que lento, da taxa de positividade así nolo indica. Agora ben, hai que estar moi atentos a un eventual reputne da taxa de positividade. Se se produce, iso indicará que o SERGAS debería facer máis probas. Lembrar que o baixou de PCRs en nadal foi un dos factores que explica a terrible explosión de positivos en xaneiro.
  • A taxa de letalidade está disparada. En toda a pandemia, a taxa de letalidade en Galicia rolda o 2,1%. Nos últimos 30 días é xa do 3,7%. É dicir, case 4 de cada persoas diagnosticadas falece. Algo xamais visto.
  • Esta maior letalidade prodúcese a pesar de que os médicos son máis destros, hai máis medios e moita da poboación máis vulnerable -anciáns de residencias- xa está inmunizada ou, lamentablemente, faleceu en pasadas ondas.
  • Este aumento da letalidade non se explica sen un novo factor non presente anteriormente. O maior peso da cepa británica -máis contaxiosa e tamén máis letal- é a hipótese máis simple. A Xunta estima que por vez primeira é maioritaria en Galicia.



ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS

Por vez primeira no que levamos de ano non hai ningunha área sasnitaria con máis de 50 novos diagnósticos. A que máis suma é Pontevedra e son só 27 os novos positivos. A Coruña, a área máis castigada na terceira onda, engade unicamente 17 infectados máis, o seu mellor cifra desde hai moito tempo.




En Ourense e Ferrol xa quedan menos de 10 enfermos críticos. É de esperar que esta semana en toda Galicia haxa menos de 100 pacientes en UCI. No pico da terceira onda o SERGAS atendeu a uns 250. Máis análise a nivel municipal e de área sanitaria das cifras nuns minutos en Galiciapress.














Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE