Estes son os case 40 libros que chegan á final dos Premios Follas Novas 2021 do Libro Galego
Suso de Toro, o falecido Xabier P. do Campo e Antón Reixa son algúns dos nomes máis coñecidos entre a lista de finalistas destes galardóns
A cerimonia de entrega será semipresencial o 15 de maio en Compostela, pandemia mediante
Antón Reixa nunha foto de EP
Os premios Follas Novas do Libro Galego 2021, que estrean denominación na súa sexta edición en homenaxe a Rosalía de Castro, seleccionaron a case 40 finalistas nas súas diferentes categorías para a edición que premia as obras do ano 2020, "especialmente difícil para o mundo autoral, editorial e libreiro", pero que "a pesar das dificultades, non se detivo".
ENTREGA EN VÉSPERA DO 17 DE MAIO
Os premios Follas Novas resolveranse nunha gala que se celebrará o 15 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela e que será ademais retransmitida en liña. "En función da situación pandémica do momento, poderá ter formato presencial se fose posible", indicaron os organizadores nun comunicado.Os títulos e autores da listaxe de finalistas son propostos polas asociacións organizadoras d --Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Asociación Galega de Editoras e Federación de Librarías de Galicia--. Unha vez elaborada a lista definitiva de finalistas, o xurado decidirá os gañadores en cada unha das categorías.
Os Premios Follas Novas do Libro Galego contan coa colaboración da Deputación da Coruña, o Concello de Santiago, o Centro Español de Dereitos Reprográficos (Cedro) e a Xunta de Galicia.
FINALISTAS DE NARRATIVA, POESÍA, TEATRO E ILUSTRACIÓN
O xénero da narrativa represéntano 'Entre doas', de varias autoras, 'Un señor elegante', de Suso de Toro e 'Para toda a vida', de Eva Moreda. Ademais, os premios recoñecen ás mellores obras infantís: 'Nós outras', de Marica Campo e Menchu Lamas, 'Mar de mazá', de Elvira Ribeiro e 'O pintor cego', de Xabier P. Docampo e Xosé Cobas. Este último está nomeado á súa vez na categoría 'xuvenil', onde o acompañan 'O mal querer', de Natalia Carou e 'A meniña do vestido de Flores', de Manuel Fontemoura.
En poesía, os finalistas son 'Ninguén morreu de ler poesía', de Aldaolado, 'A desvértebra', de Ana Romaní e 'A ganancia e a perda', de Martín Veiga. As oubras teatrais tamén foron recoñecidas nesta edición con nomeados como 'Só un home bo (EdiciónsPositivas), Raúl Dans, 'O charco de Ulises', de Santiago Cortegoso e 'Melancoholemia', de Antón Reixa.
FOLLAS NOVAS PREMIA O FOMENTO DA LECTURA
Na categoría de ensaio, os finalistas son 'Irmandiñas', de Aurora Marco, 'Zona a defender', de Manuel Rivas e 'Nós xsinadaptadxs. Representações, desejos e historias LGTBIQ naGaliza', coordinado por Daniel Amarelo.
Tamén a divulgación é premiada por estes galardóns, onde os nomeados son: 'Federico García Lorca en Santiago de Compostela', de Henrique Alvarellos, 'Unha mente que voa', de Xurxo
Mariño e 'Guía definitiva de peixes da Galiza', de Pancho Lapeña e Nacho Munilla.
Para a organización de Follas Novas, as mellores traducións foron 'Aramados', de Manuel García Gerpe, traducido por Miro Villar; 'A nosa negra', de Harriet E.Wilson, traducido por María Reimóndez e 'Unha noite no tren da Vía Láctea', de Kenji Miyazawa, traducido por Gabriel Álvarez. Doutra banda, os libros mellor editados foron 'O pintor cego', de Xabier P. Docampo e Xosé Cobas, 'Nós outras', de Marica Campo e Menchu Lamas e 'O bolero deRavel', de José Antonio Abad e Federico Delicado.
Na categoría 'Iniciativa bibliográfica', os finalistas son 'A lavandeira de San Simón', de Eva Mejuto e Bea Gregores, 'Carta xeométrica de Galicia-Facsimilar', de Domingo Fontán e 'Castelao
. Construtor da nación. Tomo II. 1931-1939', de Miguel A. Seixas Seoane. Ademais, a organización decidiu premiar aos mellores traballos de xornalismo cultural, sección na que nomearon a Montse Dopico, Ramón Nicolás e Ramón Rozas.
Follas Novas considerou relevante premiar outras categorías relacionadas coa educación e a innovación, como son o 'fomento da lectura' e os mellores 'proxectos literarios na Rede'
. 'Poetas Dei(n)versos', 'Salón do Libro Infantil e Xuvenil do Concello de Pontevedra' e 'Poemagosto. Festival Internacional de Poesía en Allariz' son os proxectos finalistas polo fomento da lectura, mentres que 'O bosque dous cromosomas', de Olga Novo, 'Galicia encantada', coordinado por Antonio Reigosa e 'Nee Barros. Canle deYoutube de promoción de libros en galego', foron nomeados a mellor iniciativa dixital.
Escribe o teu comentario