Detectan un brote de coronavirus con once casos no albergue Marqués de Valterra, que pecha temporalmente

Dez usuarios e unha traballadora do albergue municipal de Marqués de Valterra, en Vigo, deron positivo nas probas de covid-19, polo que o centro quedará "pechado en confinamento durante 14 días".




|

Unha decena de usuarios do albergue e unha traballadora do centro deron positivo nos test PCR.


Este brote obrigou a pechar as portas do centro durante polo menos dúas semanas. 


Albergue vigo


Fachada do albergue | Foto: Google Maps


Dez usuarios e unha traballadora do albergue municipal de Marqués de Valterra, en Vigo, deron positivo nas probas de covid-19, polo que o centro quedará "pechado en confinamento durante 14 días".


Segundo informou o Goberno vigués, este brote foi detectado "nas últimas horas", a partir das probas PCR aleatorias que se realizan "de forma sistemática" ás persoas usuarias e traballadoras do centro.

Seguindo "o rigoroso protocolo para estes casos", as persoas usuarias que deron positivo foron trasladadas, en coordinación co Sergas, a un centro habilitado a este fin. Pola súa banda, os demais membros do persoal quedaron confinados nos seus domicilios.


Ademais de pecharse o centro, acordouse a suspensión provisional dos servizos externos do albergue --hixiene, talleres, lavandería e sala de lecer-- ata que finalice o período de confinamento decretado polas autoridades sanitarias.

Fuentes municipais indicaron a Europa Press que as demais persoas que fan uso do albergue de Marqués de Valterra --dispón dun total de 38 prazas-- poderán reacollerse no albergue fundación da Santa Cruz, en Teis, se disponien de PCR negativa.

Cando este servizo estea cheo ou se non dispoñen de PCR negativa, os usuarios poderán recorrer ao programa municipal de aloxamento en hostais e hoteis, segundo comunicaron as mesmas fontes.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE