​O regreso de Pau Gasol e o papel de xogadores do Barça, claves para a participación de Abalde en Tokio 2021

O beirado ferrolán está ridiendo a un gran nivel no Real Madrid e pode ter opcións para asistir á cita olímpica.


|

O beirado ferrolán está a render a un gran nivel no Real Madrid e pode ter opcións para asistir á cita olímpica.


Alberto abalde

Abalde co Real Madrid | Foto: EP


Pau Gasol está de volta. Esta é unhas gran noticias para o deporte nacional, que ve regresar a un emblema que tantas alegrías deu aos afeccionados ao baloncesto como é o maior dos Gasol. A súa fichaxe polo Barcelona abre a porta a que Pau dispute os seus quintos Xogos Olímpicos e pelexe polo ouro, a única presea que aínda non figura no inmaculado palmarés do catalán. A reaparición de Pau, aínda que é acollida con entusiasmo por todos, obriga a moitos a facer encaixe de palillos agora que a súa figura volve á ecuación de quen serán os elixidos por Sergio Scariolo para ir á cita de Tokio, unha lista na que ata o de agora brillaba o nome de Alberto Abalde.


O galego está a callar unha sensacional campaña na súa primeira tempada no Real Madrid. Abalde foi do mellor do seu equipo na decepcionante final de Copa do Rey que protagonizou o conxunto branco, sempre a remolque dun Barça que volveu pasar por encima dos de Laso no torneo do K.O. As súas boas actuacións nos últimos tempos non só levárono a fichar polo Real Madrid despois de ser obxecto de desexo de media Europa, senón que o nome do ferrolán aparece en non poucas papeletas para engordar a lista de Sergio Scariolo para Tokio.


Se recupera a forma, o concurso de Pau Gasol en Tokio está asegurado, tanto polo que pode achegar en pista como por recoñecemento a unha figura irrepetible do baloncesto e o deporte nacional. Con todo, o elemento diferencial na convocatoria de Abalde podería non ser Pau Gasol, senón Víctor Claver, un xogador co que comparte posición, fundamental na consecución do Mundial de 2019 pero que se pasou parte da tempada no dique seco.


Ao contrario que con Pau, Scariolo talvez non sexa tan paciente con Claver, que aos seus 32 anos e cunha lesión tan complicada como é a fascitis plantar que arrastra podía ver comprometida a súa participación na cita olímpica. Así, con Rudy, Juancho ou Orriola, un posto de beirado podería quedar vacante para o ferrolán, aínda que a chamada de Scariolo a xogadores como Abrines ou Mirotic podería pecharlle a porta ao ser xogadores polivalentes.


JJ.OO. SEN NBA?

Outra incógnita para despexar será a postura que adopte a NBA. A todopoderosa liga de baloncesto, nun contexto como o que nos atopamos de pandemia, mesmo podería prohibir aos seus xogadores para expoñerse nun campionato que reúne a tantos profesionais procedentes de distintas partes do mundo, con realidades epidemiolóxicas ben distintas en cada caso.


Só se o COI convence á NBA coas súas restricións de que a atmosfera de Tokio será 100% segura para os deportistas pódese pensar nunhas olimpíadas con xogadores da mellor liga do mundo. Isto non se saberá con seguridade ata que conclúa a NBA, alá por xullo. De momento, Scariolo xa deixou entrever na última xanela FIBA que a margarida non se esfollará ata o verán, pero moitos xa facemos as nosas cábalas. E seguro que Abalde fai as súas.   

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE