Así queda o mapa de restricións municipais en Galicia tras o cambio aínda non publicado no DOG

A Consellería de Sanidade informou este martes de que as medidas de mobilidade que entrarán en vigor a partir do próximo venres e que sairán publicas no Diario Oficial de Galicia nas próximas horas afectan a 116 concellos de maneira máis firme.

|

A Xunta cambiou o martes 23 a lista de municipios sometidos a cada nivel de restricións 


O cambio chegou un día antes de que as novas limitacións entren en vigor. Aplícanse desde esta noite.


A relación de municipios non foi publicada oficialmente aínda no Diario Oficial de Galicia, a menos de 12 horas da entrada en vigor dos novos límites.


Con todo, esta é a información trasladada onte por Sanidade aos medios de comunicación, que modifica trasládaa polo presidente o luns, engadindo unha nova capa de confusión ás xa de por se complexas limitacións:






A Consellería de Sanidade informou este martes de que as medidas de mobilidade que entrarán en vigor a partir do próximo venres e que sairán publicas no Diario Oficial de Galicia nas próximas horas afectan a 116 concellos de maneira máis firme. Con todo, ao mediodía do mércores a Xunta aínda non publicara a relación oficial do DOG. As restricións entran en vigor ás 0 horas do venres, é dicir, esta noite. 

 Galicia parte con 10 concellos pechados, porque superan os 500 casos por 100.000 habitantes; outros 28 terán mobilidade só entre eles (entre 250 e 500, independentemente da área sanitaria que presente esa situación); e un total de 78 terán dobre restrición de mobilidade: só poderán moverse a outros concellos que teñan a mesma incidencia (250-500) e que estean na súa mesma área sanitaria (ou Pontevedra-Salnés, ou Ferrol ou A Coruña).

En síntese, tras escoitar as propostas do comité clínico que asesora ao Goberno, a Xunta decidiu reabrir parte da mobilidade pero con limitacións.


10 QUE quedan COMO ESTÁN

Por un lado deixa unha decena de concellos perimetrados. Neles as restricións non cambian, son iguais ao case-confinamento aínda vixente en toda Galicia. Ter en conta que na relación do mércores había 17 municipios neste primeiro nivel máis duro. Na do martes, aínda non confirmada oficialmente, son 10:



  • Primeiro nivel: Concellos pechados perimetralmente (máis de 500 casos). Na área da Coruña: Corcubión, Curtis e Ponteceso; na área de Ferrol: Moeche; na área de Santiago: Toques; na área de Lugo: O Corgo, Guitiriz; na área de Ourense: A Gudiña e A Peroxa.


En segundo lugar, a Xunta permite a mobilidade no territorio galego, de forma que os cidadáns poderán acudir a municipios que se atopen no mesmo rango de incidencia, xa sexa un traslado de Santiago a Ourense ou de Lugo a Vigo, por exemplo.

E en terceiro lugar hai unha dobre restrición para as áreas sanitarias de Ferrol, A Coruña e Pontevedra-Salnés. Así, por unha banda estas áreas sanitarias quedan perimetradas internamente, é dicir, os desprazamentos só poderanse realizar dentro deste ámbito.

A segunda condición destes cidadáns será que só poderán moverse a concellos coa mesma situación epidemiolóxica e, no caso de que un deles estea entre os que teñen máis de 500 casos por 100.000 habitantes, non poderán cruzar o seu perímetro municipal.

En principio, e a falta das actualizacións que a Consellería de Sanidade asegurou que fará periodicamente pero sen precisar como e cada canto, a listaxe de municipios queda como segue:

  • Segundo nivel sen mobilidade a outras áreas: Concellos que só se poderán mover dentro da área sanitaria (á que pertenzan) e só entre eles (por ter incidencia de entre 250 e 500). 
    • Área da Coruña (33 en total): Abegondo, A Coruña, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cambre, Carballo, Carral, Cee, Cerceda, Coirós, Coristanco, Culleredo, Dumbría, Fisterra, Irixoa, Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Miño, Muxía, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada, Sobrado, Vilamaior, Vilasantar, Vimianzo e Zas. 
    • Área de Ferrol (19): Ares, A Capela, As Pontes, As Somozas, Cabanas, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, San Sadurniño e Vadoviño.
    • Área de Pontevedra (26): A Lama, A Illa de Arousa, Barro, Bueu, Cambados, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Forcarei, Marín, Meaño, Meis, Moraña, O Grove, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Portas, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
  • Segundo nivel sen mobilidade a outras áreas:  Ademais, haberá mobilidade entre algúns concellos, aínda que non están na mesma área sanitaria. Iso si, non poderán acudir nin a outros do seu mesma área sanitaria con diferente incidencia, nin tampouco saltarse o perímetro a áreas sanitarias que están pechadas (as tres anteriores), aínda que o seu obxectivo sexa ir a un municipio con igual incidencia que o seu.
    • Área de Lugo (oito): A Pobra do Brollón, A Pontenova, Baralla, Guntín, Monforte de Lemos, Outeiro de Rei, Rábade e Sober. 
    • Área sanitaria de Ourense (11): A Mezquita, A Merca, Bande, Beade, Celanova, Punxín, Sandiás, Taboadela, Beira, Viana do Bolo e Xunqueira de Espadanedo.
    • Área sanitaria de Vigo (tres): Moaña, Oia e Redondela.
    • Área de Santiago (seis): Arzúa, Dodro, Frades, Ordes, Rois e Tordoia.

  • Finalmente están os ayutamentos de terceiro nivel, que son os que menos restricións teñen. Poden moverse entre concellos e entre áreas sanitarias, sempre a concellos que tamén sexan de tres nivel. Entre Santiago e Ourense, por exemplo. 





V6tOt mapa restricións coronavirus galicia (2)


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE