Naturgy aumenta o seu investimento na rede eléctrica de Galicia ata os 120 millóns de euros este ano

Os investimentos da súa filial UFP alcanzan a práctica totalidade do territorio, pois chega a 286 dos 313 municipios de Galicia.


|

A principal operadora eléctrica do país, Naturgy, anuncia maior gasto na mellora da redd distribución de electricidade, en concreto do 15% para este 2021. 

Un notable impulso de 120 millóns de euros para a castigada economía galega.

Os investimentos da súa filial UFP alcanzan a práctica totalidade do territorio, pois chega a 286 dos 313 municipios de Galicia.


20030408 NEGREGULADOS LAEREAS ESP2292


Unha torre de electricidade nunha foto de Naturgy


Por exemplo, en 2020, completou a renovación de 1.300 metros de liña subterránea de Alta Tensión entre as subestacións de Sabón e San Marcos na provincia da Coruña,; a nova saída de a subestación eléctrica de Barro (Pontevedra);  ampliou a potencia de a subestación do Barco para mellorar a fiabilidade da subministración eléctrica na comarca de Valdeorras (Ourense) e mellorou o servizo no núcleo urbano de Monforte de Lemos (Lugo) con unha nova liña de media tensión.


Neste 2021 un dos obxectivos de UFP en Galicia é seguir garantindo a subministración eléctrica durante a crise do COVID-19, para o que protocolo específico de actuación en todas as súas infraestruturas críticas.  


O grupo de orixe galega explica que durante a pandemia "mantivo os niveis de investimento previos , redobrando a seguridade dos seus operarios en campo, para garantir o servizo, e adaptou a súa forma de traballar, realizando parte do seu labor vía teletraballo".  


 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE