Deteñen a unha parella que vendía drogas nas inmediacións de dous institutos de Santiago de Compostela

Un home e unha muller de 54 e 52 anos, respectivamente, foron detidos no marco dunha operación policial que permitiu desarticular un punto de venda de droga próximo a dous institutos de Santiago de Compostela e intervir heroína, cocaína e metadona.

|

Foron os padrss dos alumnos de o IES Rosalía de Castro e do San Clemente os que deron a voz de alarma ás autoridades. 


Os axentes confirmaron varias vendas de heroína e doutros derivados opiáceos aos toxicómanos que se desprazaban ao momento de venda da droga. 


Substancias e efectos intervidos na Operación Pomba

Material e diñeiro comisado á detidos | Foto: EP


Un home e unha muller de 54 e 52 anos, respectivamente, foron detidos no marco dunha operación policial que permitiu desarticular un punto de venda de droga próximo a dous institutos de Santiago de Compostela e intervir heroína, cocaína e metadona.


Fuentes policiais detallaron que o pasado mes de xaneiro varios pais de alumnos do IES Rosalía de Castro denunciaron que unha muller vendía substancias estupefacientes nas inmediacións do instituto nos horarios de finalización das clases.

Por este motivo, e ante a importante sensación de inseguridade que xeraba a situación entre os veciños do barrio, que detectaran un aumento considerable da presenza de toxicómanos na zona, articulouse a Operación Pomba, enmarcada no Plan global de preparación do Ano Santo Xacobeo 2021-2022 que leva a cabo a Comisaría compostelá.

Tras realizar as primeiras investigacións e establecer un dispositivo, os axentes identificaron á muller á que facían referencia as denuncias como unha veciña da cidade de 52 anos que contaba coa colaboración da súa parella, un home de 54 anos. Así, sospeitouse que estas persoas estableceran un punto negro de venda de drogas nas inmediacións dos institutos Rosalía de Castro e San Clemente, próximos á Comisaría compostelá.

Posteriormente, os axentes confirmaron varias vendas de heroína e doutros derivados opiáceos aos toxicómanos que se desprazaban ao lugar para adquirir as súas doses e detiveron á parella.

Ademais, realizaron un rexistro no domicilio dos detidos mediante o que interviñeron varias substancias estupefacientes, como heroína, cocaína, metadona, así como útiles para a confección das doses distribuídas polo miúdo. Finalmente, o home e a muller foron postos ao dispor da autoridade xudicial competente.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE