Prisión provisional para o home que asasinou a unha moza de 22 anos e feriu de gravidade á parella desta

O titular do Xulgado de Instrución número 2 de Ourense, en funcións de garda, decretou este sábado prisión provisional por un delito de homicidio consumado e outro en grao de tentativa para o home detido o venres por matar a puñaladas a unha moza de 22 anos e ferir de gravidade á súa parella.

|

O detido pasou a disposición xudicial esta mañá e, tras tormarle declaración, o xuíz ordenou o seu ingreso en prisión. 


O home non só é veciño das vítimas, senón que ademais é familiar do novo ferido grave no suceso.


Varios axentes da Policía Nacional xunto á vivenda onde ocorreu o crime.

Policía no lugar do suceso | Foto: EP


O titular do Xulgado de Instrución número 2 de Ourense, en funcións de garda, decretou este sábado prisión provisional por un delito de homicidio consumado e outro en grao de tentativa para o home detido o venres por matar a puñaladas a unha moza de 22 anos e ferir de gravidade á súa parella.

En concreto, o home, que permanecía detido en dependencias policiais, pasou a disposición xudicial ao mediodía do sábado. Tras tomarlle declaración, o xuíz ordenou o seu ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza por dous delitos de homicidio, un consumado e outro en grao de tentativa.

Os feitos ocorreron na madrugada do venres. En concreto axentes de seguridade cidadá acudiron ás 5,00 horas a unha chamada de socorro na que afirmaban que unha persoa fora apuñalada na zona de Velle.

Á chegada, localizaron o corpo sen vida dunha muller de 22 anos, e o dun home de 25 que permanecía con vida e que foi trasladado, grave, en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Os axentes desprazados localizaron ao presunto autor dos feitos no seu domicilio. Segundo contaron, o apresado é "veciño e familiar das vítimas". Tras o rexistro pertinente, recuperouse a arma branca supostamente utilizada.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE