Probable segundo brote cepa británica en colexios de Lugo: 60 positivos en Paradai, de Lugo cidade

O director asistencial da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, Rafael Monte, confirmou este xoves que ascenden a 60 os positivos dun brote vinculado ao colexio Paradai de Lugo, entre escolares e familiares.

|

Galiciapress adiantou esta mañá que a cepa británica pode ser a responsable do brote no CEIP Lagostelle de Guitiriz en Lugo. Horas despois o propio SERGAS indicaba que outro centro lucense sofre un gran, brote probablemente debido a esta variante máis contaxiosa. 


O director asistencial da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, Rafael Monte, confirmou este xoves que ascenden a 60 os positivos dun brote vinculado ao colexio Paradai de Lugo, entre escolares e familiares.



Colexio Paradai de Lugo nunha imaxe de Google Street View

Colexio Paradai de Lugo nunha imaxe de Google Street View 


Así, Monte detallou que actualmente existe un brote de Covid no concello de Lugo vinculado ao colexio de Paradai, onde os primeiros casos positivos detectáronse a semana pasada "en nenos dalgunhas das súas aulas". Iso levou a realizar cribados por aulas e "ante a cantidade de positivos" confirmados, fíxose "en todo o colexio", sostivo.

PAIS TAMÉN AFECTADOS
Por iso, "hai 60 persoas afectadas entre nenos e pais". "Esperamos que poida haber algún positivo máis en próximos días vinculado ás PCR de control e seguimento ás persoas illadas e cuarentenadas, que foron contactos de nenos ou pais", abundou.

Sobre este brote, Rafael Monte explicou que desde hai unha semana dispoñen na área sanitaria de kits diagnósticos "que permiten sospeitar de que estes brotes de Covid poidan estar vinculados a cepa británica".
 
"Neste caso, realizamos mostras aleatorias das PCR deste brote e temos sospeita que a cepa británica está representada neste brote de Paradai, igual que no de Guitiriz", comentou Monte, para engadir que "era de esperar" nun contexto en que existen casos en Portugal e noutras áreas sanitarias da Comunidade galega. "Antes ou despois era lóxico esperar que se estendese a Lugo", apostilou.

MÁIS CONTAXIOSA
Neste sentido, puntualizou que ata o de agora saben "que esta cepa vincúlase a un risco de transmisibilidade elevado". "O número de contagios na nosa experiencia é maior ao que observabamos antes", admitiu, pero matizou que, de momento, non teñen "evidencia de que se traduza en maior gravidade clínica dos afectados".

Por tanto, á vista do sucedido xa en Guitiriz, e en función da evolución dos casos de Paradai, fixo fincapé en lembrar á cidadanía que "as medidas de restrición de contactos e hixiene que funcionan para a cepa estándar tamén funcionan para a británica".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE