​(VÍDEO) Diana Peleteiro, enxeñeira química en Viaqua: “Ás nenas non poden limitarlles as súas metas científicas por ser mulleres”

A enxeñeira química Diana Peleteiro, responsable da potabilización de Viaqua, explica na canle de Talentia Summit, que recolle os testemuños doutras mulleres da ciencia en Galicia, a importancia do seu labor, que ten un efecto directo sobre a vida diaria das persoas.


|

A enxeñeira química Diana Peleteiro, responsable da potabilización de Viaqua, explica na canle de Talentia Summit, que recolle os testemuños doutras mulleres da ciencia en Galicia, a importancia do seu labor, que ten un efecto directo sobre a vida diaria das persoas.


Ademais, Peleteiro é un exemplo do peso, afortunadamente cada vez maior, das mulleres nos campos vinculados á ciencia, un capítulo que, segundo sostén, “escríbese en feminino”.


Viaqua

Diana Peleteiro | Foto: Talentia Summit


“Encargámonos de coller a auga dos ríos, encoros ou pozos e convertémola en auga que se pode beber nas billas das casas”. Este labor, a priori sinxela, require dunha gran formación, como así o demostra o seu título no Grao de Enxeñería Química da USC, que permite á cidadanía dispoñer de auga limpa e potable para o seu consumo. “Necesitamos dispoñer de auga potable nas casas as 24 horas do día todos os días, e a auga dos ríos cambia constantemente, polo que ningún día é igual ao anterior”, comenta.



Con todo, a importancia do traballo de Peleteiro transcende máis aló do seu día a día en Viaqua, xa que é o exemplo de moitas mozas que aspiran a abrirse paso no mundo das ciencias. Peleteiro argumenta que xa desde moi pequena a ciencia espertáballe “paixón” e que sempre tivo claro o que quería. “Sabía que acabaría traballando nun campo relacionado coas ciencias”, esgrime, á vez que pon en valor a celebración de xornadas que recoñezan esta loita para abrir o camiño de moitas mulleres, como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.


“É un día importante e necesario, pero o que me gustaría é que este día non tivese que existir, porque significaría que non existen as diferenzas entre homes e mulleres”, reclama. “Ás nenas que pensen o que queren facer no seu futuro aconsellaríalles que fixesen o que senten que teñen que facer. O obxectivo e a meta que queiran alcanzar ninguén pode limitalo por ser unha muller”.


AQUAE STEM

Incrementar a presenza das mulleres na ciencia é un dos obxectivos de Viaqua, xunto coa Fundación Aquae, no proxecto 'Aquae STEM', no que participan nenas de máis de medio centenar de escolas.



Araceli é unha das nenas que forman parte das experiencias do programa, algo que lle abriu a porta a novos coñecementos. “Podo ser o que queira”, sentencia a pequena, que manifesta unha gran inquietude polo mundo da arquitectura e a construción. Sen dúbida non lle faltarán referentes ás que imitar.   



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE