Galicia aínda está a unha semana de saír de risco extremo ao actual ritmo de caída de positivos covid

A mellora do coronavirus continúa ao mesmo ritmo a nivel galego, a pesar de que empeza a perder un pouco de fol nalgunhas zonas. 


|

A mellora do coronavirus continúa ao mesmo ritmo a nivel galego, a pesar de que empeza a perder un pouco de forza nalgunhas zonas. 


Os 603 novos positivos contribúen a que a incidencia semanal encadee xa 16 días á baixa. Sitúase en 166 diagnósticos por cada 100.000 galegos, tras unha caída de 10 puntos. Se o descenso segue a este ritmo, o vindeiro xoves podería caer por baixo dos 125. Ese é o límite para baixar do risco extremo actual a risco alto. 


A dúas semanas a traxectoria é similar. Hoxe baixa a 425, tras 12 días consecutivos de caída. Co ritmo actual, Galicia non sairía de risco extremo ata dentro dunha semana, ao baixar de 250.


UGWvm  b incidencia acumulada bisemanal de coronavirus en galicia b




A taxa de positividade rebota hoxe cun 6,2%, a peor porcentaxe no últimos catro días. Con todo, este repunte explícase en parte pola menor cantidade de PCRs onte. Foron unhas 9.700, cando a media anda polas 12.000. En todo caso, o rebote de positividade non é por agora preocupante, pois a media semanal continúa á baixa.




EVOLUCIÓN DO RITMO DE CAMBIO DOS CASOS ACTIVOS


A gráfica que mide a derivada dos casos activos mostra indicios de que a melloría pode estancarse. Hoxe a cantidade de infectados descende un 4,5%,  rebaixándose en 749 e situándose en 15.894 casos activos, a mellor cifra desde o 18 de xaneiro.



Con todo, se observamos o indicador máis importante, a media móbil semanal, vemos hoxe unha baixada mínima, do -4,2% ao -4,3%. Se se estabiliza ao redor desta cifra, significará que os casos activos seguirán baixando ao ritmo actual. O problema é se cambia de rumbo e volve aproximarse ao 0. Iso significará que a melloría prosegue, pero a un ritmo cada vez menor, o que á súa vez indicaría que está a aumentar o risco de que a pandemia acelere. 


CONCLUSIÓNS


Analizando todas as estatísticas dispoñibles, podemos inferir que:


  • O covid- 19 segue retrocendendo en Galicia. O ritmo da súa retirada é máis rápido que noutras ondas. Por agora, non hai ningún indicio sólido dun rebote próximo.
  • Agora ben, hai que estar moi atento a como evolucionan os positivos e os casos activos nas próximas xornadas. Se a media da porcentaxe de cambio diario cambia de traxectoria, será un indicación firme de que corremos risco de repunte.
  • De producirse ese repunte, confirmouse que a virulencia desta onda débese polo menos en parte á cepa británica, como xa apuntou onte o presidente
  • Sen relaxar restricións non debería haber repunte. Cunha condición, a propagación dunha cepa máis contaxiosa podería provocar unha alza de contaxios, aínda que manteñamos as mesmas limitacións actuais. Desgraciadamente, os datos de onte da Xunta indican que a cepa británica si está a gañar peso.
  • Así as cousas, parece imprudente que a semana próxima Sanidade rebaixe notablemente as restricións o luns. Ademais do risco de propagación da variante máis contaxiosa, os indicadores de positivos aínda estarán en risco extremo. Iso si, a situación é menos grave nos municipios máis rurais.



ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS

A área menos rural e a segunda máis poboada, A Coruña, segue sendo a que máis problemas ten. Hoxe suma 232 novos positivos, que é case o 40% dos diagnósticos en toda Galicia, máis dos que lles corresponden en función á súa poboación. A Coruña, por certo, ata a terceira onda era unha das provincias de España con menor impacto do covid, segundo as sucesivas ondas dos estudos de seroprevalencia do Estado.





A situación nas UCIs mellorou un pouco, pero non dunha maneira notable en moitas das áreas. Por exemplo, A Coruña ten 75 enfermos críticos, que son máis que as camas UCI que había antes da pandemia.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE