A titora dun discapacitado nega o permiso para vacinalo pero a Xustiza autorízao
O Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Lugo autorizou a vacinar contra a covid a un interno dunha residencia a pesar da negativa da súa irmá e titora.
Esta persoa vive nunha residencia para discapacitados de Lugo, polo que o seu risco de contaxiarse de covid-19 é importante
A irmá alega que o discapacitado é novo polo que ve improbable que sufra consecuencias graves, a pesar das evidencias de que as persoas mozas tamén poden morrer por coronavirus
O auto, contra o que cabe presentar recurso ante a Audiencia Provincial, establece que o home "non se atopa en condicións de prestar un consentimento consciente en relación coa aplicación da vacina".
ARGUMENTOS DO XUÍZ
Respecto diso, o xuíz entende que a renuncia da titora á dispensación da vacina ao seu irmán "resultaría contraria aos intereses do discapacitado", polo que considera "máis beneficioso para a protección da súa saúde" que o vacinen.Ademais, neste sentido, subliña que "a protección da saúde do discapacitado debe prevalecer fronte á renuncia manifestada pola súa titora"
ARGUMENTOS DA IRMÁ
O maxistrado tamén indica no auto que discrepa da valoración da titora en canto a que o seu irmán é "relativamente mozo e carente de patoloxías previas, polo que os resultados da enfermidade serían leves".
Así, advirte de que "a experiencia demostra que o virus é capaz de producir posibles resultados mortais en persoas da franxa de idade na que se acha o tutelado".
Escribe o teu comentario