A baixada continúa e está a ser máis rápida que a de pasadas ondas de coronavirus en Galicia
Todos os indicadores aceleran a súa caída e ademais a melloría é xeneralizada en todo o país. De feito, as curvas de descenso de varios indicadores son máis pronunciadas que as curvas das ondas de primavera e outono.
Segundo día consecutivo de moi bos datos do coronavirus en Galicia, aínda que coa reserva de que proveñen da fin de semana, cando hai menos PCRs. Todos os indicadores aceleran a súa caída e ademais a melloría é xeneralizada en todo o país.
As curvas de descenso de varios indicadores son máis pronunciadas que as curvas das ondas de primavera e outono.
Se robustece a hipótese de que a maioría dos contagios producíronse nun período curto, en Nadal. Foron moitísimos, pois as UCIs seguen en niveis de ocupación xamais vistos.
Así, os 489 novos diagnósticos por PCR contribúen a baixar a incidencia acumulada semanal a 204 positivos por cada 100.000 galego, o mellor rexistro desde o 14 de xaneiro.
Abrindo o foco a dúas semanas a incidencia tamén descende, ata 497, a mellor cifra desde o 20 de xaneiro.
Por segunda xornada seguida Galicia logra limitar a taxa de positividade por baixo do 5%, algo que non conseguía desde antes de Reyes. O 4,2% de hoxe serve para reducir a media semanal ao 6,3%.
De seguir así, o país podería esta fin de semana baixar da barreira do 5%, o máximo que estima a OMS para considerar un foco en vías de control.
EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREAS SANITARIAS
Os infectados seguen caendo, son 18.452, 794 menos que onte, o que significa unha redución do 4,1%. Cifras que axudan a seguir afundindo a media semanal, que baixa ao 2,8% e ademais non dá indicios de rebote.
Con todo, a cantidade de casos que segue tendo que xestionar o SERGAS é humillante. En Ano Novo había menos de 5.800 enfermos en Galicia. Agora hai máis do triplo.
CONCLUSIÓNS
Con todas estas series á nosa disposición podemos inferior que:
- A pandemia continúa perdendo terreo. Ademais, non hai sinais de que poida contraatacar pronto.
- De feito, a melloría actual está a ser máis rápida que a da onda de outono. Isto apontoa a hipótese de que a maioría de contagios produciuse nun período curto de tempo, o nadal.
- Con todo, a presión sobre o SERGAS sigue sendo enorme. Especialmente as UCIs, que aínda onte batían o seu récord de ocupación.
- Aínda que a presión sobre os hospitais leva xa case unha semana baixando, calquera rebote, por mínimo que fóra, poñería ao SERGAS preto de un colapso que xa sufriron UCIs como as de Ferrol e Pontevedra, que tiveron que trasladar pacientes.
- Este é un dos factores que explican porqué o comité de Sanidade non estudará hoxe ningún levantamento de restricións. A Xunta xa dixo ao impoñelas que non ía reconsideralas ata o 18 de febreiro. O presidente confirmou onte que a finais da próxima semana podería haber algún alivio, se as cifras permíteno.
- A cifra de falecementos segue sendo aterradora e queda tempo antes de que mellore. Onte faleceron 21 persoas. Na última semana 145. Nunca morrera tanta xente por covid-19 en Galicia, o que evidencia o tremendo erro da estratexia do Nadal e as consecuencias da rejación de moitos comportamentos.
ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS
Os casos activos caen en todas as áreas sanitarias de Galicia por segunda xornada consecutiva. Só A Coruña (172) supera a barreira dos 100 novos diagnósticos. De feito, hai catro áreas (Ourense, Ferrol, Lugo e Santiago) que non chegan aos 50 novos positivos. En función ao seu tamaño, a peor cifra é a de Pontevedra (78).
En moitas das UCIs non se nota aínda melloría. Por exemplo, A Coruña sobe de 85 a 86 enfermos críticos. Análise máis en detalle dos números por áreas sanitarias e municipios nuns minutos en Galiciapress.
Escribe o teu comentario