​O Lugo aparca as renovacións dos seus capitáns ata lograr a permanencia

Oito futbolistas acaban contrato en xuño, pero na dirección só falarán de renovacións cando se consiga a salvación.


|

Oito futbolistas acaban contrato en xuño, pero na dirección só falarán de renovacións cando se consiga a salvación.


Cd lugo

Nafti, durante unha sesión co CD Lugo | Foto: CD Lugo


50 puntos. Ese é a meta que se puxeron na dirección do CD Lugo. Con esa cifra, para a que aínda faltan seis vitorias e un empate, os albivermellos obterán a permanencia. Polo menos, esas son as contas que manexan no Anxo Carro para empezar a falar de renovacións, algunhas delas urxentes, pero que só se abordarán cando os galegos obteñan a salvación. “Logo pódese pensar na próxima tempada”, comentou o secretario técnico, Manolo Mandiá, durante a presentación de Appiah.


Carlos Pita, Fernando Seoane, Xavi Torres, Roberto Canella, Campabadal, Luís Ruíz, Pedro López e Christian Herrera terminan o seu contrato en xuño co cadro lucense. Pita e Seoane, capitáns e historia viva do club, son os únicos sobreviventes do Lugo que iniciou a súa andaina en Segunda División. Con 36 e 37 anos son os veteranos do equipo, e aínda que xa non gozan da condición de intocables, tanto o herculino como o de Ames parecen ser os que teñen a última palabra. O seu rendemento no que queda de curso e as forzas que queden para afrontar unha campaña máis serán o que abra a porta a unha extensión dos seus contratos.


Xavi Torres podería ser o herdeiro de Pita e Seoane. O centrocampista é un verdadeiro trotamundos, polo que non lle custaría atopar acomodo noutro equipo, pero durante a súa estancia no Anxo Carro gañouse os eloxios dos afeccionados. Na súa contra que tamén é un veterano, e con 34 anos en Lugo poderían buscar sangue novo para a medular.


A situación de Campadabal e Christian Herrera. Son dous dos xogadores con máis minutos este ano. O lateral perdeuse catro partidos, mentres que o dianteiro só un. Os dous gozan dun gran cartel en Segunda e son obxecto de desexo de varios clubs, polo que a gran dificultade da dirección deportiva para conseguir a súa rubrica serán as ofertas que poidan recibir neste tempo.


Pola súa banda, Luís Ruíz e Canella compiten por unha praza. Os dous foron alternando a titularidade no lateral zurdo, callando boas actuacións. Canella ten máis minutos, pero tamén máis anos. Luís Ruíz, catro anos máis novo, ten a oportunidade de asentarse. Polo que se acabe declinando Nafti será o que teña asegurada a oferta de renovación. Pedro López, en cambio, apenas conta para Nafti, polo que a súa continuidade antóllase moi difícil.


Cabe destacar que no Lugo hai moito cedido, polo que no verán teranse que acometer moitas contratacións e cambios de cromos. Pero agora o que toca no Anxo Carro é amarrar a permanencia, que parece encarrilada, pero para a que aínda faltan 19 datas de distancia. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE