Récord de baixada de casos activos de coronavirus en Galicia pero morre máis xente que nunca

Os últimos datos do coronavirus supoñen un paso adiante na aínda tímida melloría en Galicia. Primeira semana que os casos activos baixan desde nadal, en parte grazas a cífraa récord de onte.


|

Os últimos datos do coronavirus supoñen un paso adiante na aínda tímida melloría en Galicia. Primeira semana que os casos activos baixan desde nadal, en parte grazas a cífraa récord de onte.


UGWvm  b evoluci n dos casos activos de coronavirus en galicia b





Con todo, o número de infectados segue sendo enorme, máis de 21.000; aínda que, afortunadamente, xa hai sinais claros dunha baixada dos hospitalizados.


Onde non hai caída -e non a haberá pronto- é no ritmo de falecementos. De feito, están a morrer máis galegos por coronavirus que nunca, nin sequera na primeira onda houbo cifras así. Só no últimos catro días confirmouse a morte de 135 persoas, unha cifra arrepiante.




Os 874 positivos confirmados por PCR onte axudan a baixar a incidencia acumulada semanal a 260 diagnósticos por cada 100.000 galegos. Unha caída importante desde os 279 de onte, que axuda a disipar os temores dun repunte, alimentados polo estancamento de esa  media semanal onte. Abrindo o plano a dúas semanas a melloría tamén é importante, pois a incidencia acumulada cae de 614 a 591.  


Ademais, la taxa de positividade confirma as boas noticias. A media semanal ponse no 7,9%, o seu mellor rexistro desde o 4 de xaneiro, cando esta onda aínda estaba a xurdir. 


A melloría débese en parte ao gran esforzo do SERGAS para mellorar a súa capacidade diagnóstica. Onte batía o seu récord de media semanal de PCRs, con case 13.000 ao día, aínda que levantou un pouco o pé do acelerador hoxe, completando uns 12.600. 


O que segue sendo dificilmente explicable é o parón de PCRs en nadal, cando a media semanal caeu a 5.100 e houbo días de 2.800.  Non só a relaxación das cidadanía á hora de evitar restricións contribúo á virulencia desta onda.


EVOLUCIÓN DO CAMBIO DE CASOS ACTIVOS 


Terceiro día consecutivo que baixa o número de infectados. De feito, hoxe cae moito, 712 casos activos menos. Tal esborralle é determinante para conseguir que a media semanal póñase por vez primeira desde nadal en algarismos negativos. Así, eses -712 son clave para rebaixar a media a un esperanzador -0,3%.


Isto quere dicir que, desde o punto de vista semanal, o SERGAS ten que lidar esta semana con menos infectados que a anterior. Non pasaba algo así desde o principio do nadal. Alivio na presión do sistema de seguimento de contactos que tamén se nota na caída dos hospitalizados.


 



Pola contra, aínda non se trasladou ás UCIS nin, lamentablemente trasladouse ao ritmo de defuncións. 


A pesar de que agora hai algúns tratamentos e os sanitarios coñecen mellor o virus, xamais faleceran tantos galegos con covid. Algo que confirma as sospeitas do papel de novas cepas nesta onda. Só onte morreron 30 persoas, a terceira peor cifra da pandemia e a segunda peor desta onda. 



CONCLUSIÓNS

Con todos estes indicadores á nosa disposición, podemos inferir que:


  • A pandemia está a perder terreo, tras alcanzar o pico da onda máis virulenta en Galicia a finais de xaneiro. A melloría parece consolidada dado que a incidencia acumulada a 14 días leva xa case unha semana caendo. Ademais, o máximo de diagnósticos foi fai xa  13 días.
  • O ritmo de melloría é terriblemente lento. Como noutras ondas, os indicadores subiron moito máis rápido do que están a descender. Isto supón un risco importante, pois calquera rebote, por pequeno que fose, situaría ao SERGAS, que aínda segue contra as cordas, en situación crítica.
  • Con todo, a melloría xa é patente nas plantas convencionais dos hospitais, con catro días seguidos de descensos. Chegamos ao luns con 1.210 hospitalizados e encaramos o venres con 1.038 .



ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS

Practicamente todas as áreas ven caer hoxe o seu número de casos activos e de novos contagios respecto onte. As peores cifras, en relación ao seu tamaño, volven ser na área sanitaria de Pontevedra, segunda con máis novos diagnósticos (152).





Pontevedra é unha das dúas áreas, xunto con Ferrol, onde o SERGAS recoñece que tivo que trasladar pacientes porque as UCIs estaban cheas. Por agora, non hai mellora significativa nos seus números de críticos, 25 en Ferrol e 27 en Pontevedra.


Máis análise en detalle das cifras a nivel municipal e de área sanitaria nuns minutos en Galiciapress.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE