O proxecto eólico de Bustelo e Baralláns compromete os valores paisaxísticos da zona, critican ecoloxistas
Catro colectivos ecoloxistas da comarca de Bergantiños denuncian que a construción destes proxectos eólicos vai en contra do Decreto 238/2020 que establece unha blindaxe para “os valores paisaxísticos da área de especial interese paisaxístico do val fluvial do Lourido”.
Catro colectivos ecoloxistas da comarca de Bergantiños denuncian que a construción destes proxectos eólicos vai en contra do Decreto 238/2020 que establece unha blindaxe para “os valores paisaxísticos da área de especial interese paisaxístico do val fluvial do Lourido”.
Neste sentido cren que o proxecto programado nos concellos de Cabana de Bergantiños e Coristanco é “incompatible” con esta categoría.
Dimensións da aeroxeradores | Foto: Petón do Lobo
Os catro grupos, concretamente a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, a Asociación ambiental Petón do Lobo, a Asociación galega Cova Crea e a Asociación Ou Ouriol do Anllóns denuncian as irregularidades e esixen á Consellería de Economía, Empresa e Innovación que dea marcha atrás no seu propósito “pola súa incompatibilidade coas Directrices da Paisaxe de Galicia”.
“O proxecto eólico prevé a instalación de seis aeroxeradores cunha potencia total instalada de 36 MW. Os eólicos afectan á Costa de Monelo, Paradela, Monte do Covelo, Monte Longo, Agra de Bustelo, Picho de Fontes e Alto de Torreiro”, enumeran os denunciantes, que ademais sinalan que os xeradores se atoparán a menos de 600 metros de núcleos poboacionais, con o consecuente efecto na vida dos veciños.
Zona para a construción do parque eólico | Foto: Petón do Lobo
Os muíños afectan o nacemento do río Lourido ou sobre o río Anllóns, afectado ao curso da auga de ambos, segundo os ecoloxistas. Todo isto supón unha vulneración “dos valores estéticos ou panorámicos protexidos mediante o mantemento das condicións perceptivas vinculadas aos fondos escénicos, á amplitude de vistas e á matriz compositiva propia da paisaxe autóctona” que afectan á harmonía dos “valores naturais, culturais, patrimoniais, estéticos ou panorámicos que lle deron orixe” das Áreas de Especial Interese Paisajistico.
“A Xunta de Galicia tampouco debe ignorar a fragmentación do territorio e a perda de biodiversidade que este proxecto implica, xunto co parque eólico de Sivarredonda, localizado no monte Perrol e a autovía AG-55”, agregan.
Do mesmo xeito, sinalan que este proxecto eólico é outro episodio de “fragmentación fraudulenta” por parte de EDP Renovables e amparado pola Xunta.
Eólicos de EDP Renovables | Foto: EP
Escribe o teu comentario