Case a metade das tendas de Santiago di que pechará se non hai melloría da pandemia en tres meses

Unha enquisa realizada por Santiago Centro e EmRede entre comerciantes da capital galega indica que tres cuartas partes dos comerciantes están "pouco ou nada confiados nunha reactivación económica" próxima e, máis aló, o 45% considera que terá que pechar definitivamente se a situación non mellora nun prazo de tres meses.

|

Un estudo entre autónomos e comerciantes apunta a que o comercio de proximidade  está ao bordo da quebra. 

Unha moi mala noticia cando cada vez hai máis voces dispostas a gastar algo máis para apoiar a economía local.


Unha enquisa realizada por Santiago Centro e EmRede entre comerciantes da capital galega indica que tres cuartas partes dos comerciantes están "pouco ou nada confiados nunha reactivación económica" próxima e, máis aló, o 45% considera que terá que pechar definitivamente se a situación non mellora nun prazo de tres meses.


Hai que lembrar que Santiago é unha das cidades máis golpeadas por esta terceira onda. Agora mesmo é a terceira por incidencia acumulada a 14 días, aínda que a curva de novos contagios dá sinais de poder aplanarse pronto:




Segundo recolle este informe, menos do 10% dos comerciantes composteláns considera que a situación económica é estable ou boa, mentres que o 12,8% estímana regular e o 78,7% mala, moi mala ou crítica. O 57,4% dos negocios viron como a súa facturación caeu entre o 40 e o 50% con respecto aos mesmos meses anteriores á pandemia, e case o 15% manifesta caídas superiores ao 70%.

Segundo o presidente de Santiago Centro, Chema Fernández, "o comercio está nunha situación crítica", e as axudas deseñadas ata o de agora "non son suficientes para un sector que precisa xa de decisións firmes de apoio por parte de todas as administracións".


"As administracións deben ser tamén conscientes de que se non hai apoios directos, a pandemia vai arrasar o comercio de proximidade


"Somos moi conscientes de que unha situación tan grave como a que vivimos esixe a adopción de medidas extremas, como o peche perimetral da cidade ou a redución de aforos e horarios, pero as administracións deben ser tamén conscientes de que se non hai apoios directos, a pandemia vai arrasar o comercio de proximidade", sentenciou.


Pola súa banda, a presidenta de Proxecto EmRede, Eva López, destaca que "as prestacións a autónomos son completamente insuficientes" e que "para nada se adaptan á situación do comercio comerciante polo miúdo". "A maioría dos comerciantes renunciaron á prestación porque non cumprían os requisitos, pero estando abertos a facturación non chega nin para cubrir os gastos mínimos de alugueiro, enerxía ou asesorías, xa sen contar ao persoal", engadiu.

ERTE, ICO E ALUGUEIROS
O peso dos ERTE segue sendo importante no sector, xa que un 34% dos enquisados contan con empregados acollidos a esta fórmula de axudas. Aqueles que non contan con persoal en ERTE, afirman maioritariamente recuperalo despois dos primeiros meses de pandemia, ou non ter persoal ao cargo.

O 76,6% dos comerciantes enquisados pediu tamén a prestación como autónomo, "aínda que na inmensa maioría dos casos só fixérono durante as semanas de confinamento, a pasada primavera".

Tamén no terreo das axudas públicas, o 46,8% acudiu aos fondos ICO para manter o negocio. Aproximadamente a metade lograron negociar cos propietarios do local unha rebaixa no custo do alugueiro ou unha fórmula de pago alternativa.


Mq8BG coronavirus no concello santiago evoluci n recente nbsp  (4)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE