Coronavirus Galicia: os positivos seguen en medias récord e afrouxa o crecemento de casos activos

Os últimos datos do coronavirus en Galicia volven ser moi malos, especialmente na área sanitaria de Santiago. Hai algún levísimo indicio de cambio de tendencia, pero demasiado tenue para esperar ningunha mellora a curto prazo sen unhas restricións moito máis duras.


|

Os últimos datos do coronavirus en Galicia volven ser moi malos, especialmente na área sanitaria de Santiago. 

Hai algún levísimo indicio de cambio de tendencia, pero demasiado tenue para esperar ningunha mellora a curto prazo sen unhas restricións moito máis duras.


É o sexto día seguido que se superan os 1.000 positivos confirmados por PCR. Os 1.234 novos diagnósticos contribúen a impulsar a incidencia acumulada semanal a un novo récord, 333 positivos por cada 100.000 galegos. Abrindo o plano a dúas semanas, Galicia tamén está en niveis nunca vistos, con 586. 


Ningún destes dous indicadores dá sinais dun cambio de tendencia. Pola contra, a taxa de positividade si está a mellorar. Onte foi do 9,8% e a media semanal leva xa unhas xornadas aplanada e hoxe baixa do 10,8% ao 10,7%. É a primeira redución desde o 11 de xaneiro.


O control da positividade explícase en parte polas cifras récords de PCRs. O SERGAS completou onte máis de 12.500 e a media semanal bate a súa marca e está xa case en 12.0000 test ao día.





EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS


A porcentaxe diaria de cambio da cantidade de infectados segue reducíndose de maneira notable. Onte creceu un 4,1%, o que axuda a baixar a media semanal ao 5,9%. Hai que lembrar que hai unha semana o crecemento era do 7%. 



Por tanto, o SERGAS segue tendo que xestionar cada día máis casos activos, aínda que cada día ese incremento é menor. 


O problema é que xa hai tantos infectados que calquera incremento porcentual supón centos de novos pacientes. Por exemplo, o 4,9% de onte corresponde a 776 infectados novos, que empuxan o total de Galicia preto dos 20.000, máis de 7.000 deles na última semana.


Ou05Mn variaci n de casos activos de coronavirus en galicia




CONCLUSIÓNS

Con todos estes números sobre a mesa, pódese inferir:


  • A pandemia segue en niveis xamais vistos en Galicia. Ademais, segue crecendo, aínda que o seu crecemento medio empeza a ser menor.
  • Os indicios dun cambio de tendencia que se perciben son tan diminutos que sería temerario esperar que a situación mellore pronto por se soa.
  • Así as cousas é case seguro que a Xunta endureza as restricións este luns, dentro dunhas horas. Hai marxe para evitar o confinamento domiciliario? Moitos expertos e o BNG reclaman adoptar unha medida similar á de primavera, pero parece que o Goberno quere evitalo por agora.
  • Os mínimos raios de luz que se atisban ao final do túnel proveñen sobre todo do esforzo do SERGAS completando máis probas. Resulta incomprensible foi a relaxación deste esforzo en Nadal, un dos factores que contribuíu á actual crise.
  • Pase o que pase, os hospitais galegos xa están condenados a unha crise maior que a da primeira onda. A pesar de ter moitos máis medios e coñecementos, Galicia tropezou outra vez coa mesma pedra.



ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS


As peores cifras hoxe son para a área de Santiago - O Barbanza. Aínda que suma os mesmos positivos que a da Coruña (251), a compostelá é unha área con bastante menos poboación. Unha moi mala noticia, pois era a única área que ata hoxe lograra baixar a súa incidencia semanal.




A nivel hospitalario, a situación é xa extremadamente grave. Por poñer un exemplo, Ferrol ten normalmente 14 camas de UCI convencional, sen usar quirófanos nin abrir as do Hospital Naval. Agora ten que lidar xa con 23 enfermos críticos.  


Análise máis en detalle das cifras a nivel municipal e de área sanitaria nuns minutos en Galiciapress.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE