O SERGAS vacina por erro a 17 traballadores en Pontevedra e non explica quen é (vídeo)
O xerente da EOXI recoñece nun vídeo un pequeno "erro". Fuentes do sector sanitario consultadas por Galiciapress explican que os beneficiados cando non lles correspondían non son cargos do SERGAS, senón traballadores que non están en primeira liña como cociñeiros, informáticos ou administrativos.
O xerente da EOXI recoñece nun vídeo un pequeno "erro". Fuentes do sector sanitario consultadas por Galiciapress explican que os beneficiados cando non lles correspondían non son cargos do SERGAS, senón traballadores que non están en primeira liña como cociñeiros, informáticos ou administrativos.
O xerente da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, José Ramón Gómez Fernández, admitiu que se vacinou "por erro" a 17 profesionais aos que non lles correspondía nesta fase.
Nun vídeo remitido pola Consellería de Sanidade á prensa, o xerente explica os "problemas" rexistrados na vacinación nos últimos días.
Así, sinala que, "nunha ampla listaxe" de 2.533 profesionais na área de Pontevedra de loita en primeira liña contra a covid, incluíuse a estes 17 traballadores, que se vacinaron sen cumprir "os criterios establecidos" polo Consello Interterritorial.
O mandatario non explica quen recibiu a vacina cando non debían. Fuentes do sector consultadas por esta redacción indican que, en principio, non hai cargos do SEGAS beneficiados indebidamente. Cociñeiros, informáticos ou administrativos serían os que recibiron dósis cando aínda non era a súa quenda.
O xerente achaca o sucedido a "un erro na elaboración de listas" de "un número tan importante de traballadores". Ademais, xustifica que este "impacto" só representa o 0,6% da listaxe.
Ademais, José Ramón Gómez destaca que en cinco días vacináronse preto do 60% dos traballadores desta área sanitaria.
Segundo explica nun comunicado o Sergas, a administración de dose ao persoal de primeira liña completarase cando se reciban as correspondentes vacúas, mentres pide desculpas por un "erro puntual".
A área sanitaria de Pontevedra convoca para este xoves ao Comité de Seguridade e Saúde Laboral co fin de analizar os protocolos internos do proceso de vacinación nas diferentes categorías profesionais.
Escribe o teu comentario