Salvamento Marítimo rescata a un grupo de adestramento da Policía Nacional no porto de Burela
Os efectivos de Salvamento Marítimo rescataron na noite do venres a un grupo de adestramento da Policía Nacional tras envorcar a embarcación na que realizaban prácticas a cinco millas do porto de Burela.
Os feitos, ocorridos o pasado venres, obrigaron a activar un complexo operativo para rescatar ao grupo de adestramento composto por seis persoas.
A embarcación na que se atopaban realizando as manobras envorcou a cinco millas do porto de Burela, onde foron remolcados.
Helicóptero Pesca II de Salvamento Marítimo
Os efectivos de Salvamento Marítimo rescataron na noite do venres a un grupo de adestramento da Policía Nacional tras envorcar a embarcación na que realizaban prácticas a cinco millas do porto de Burela.
Segundo informa o CIAE 112 Galicia, os propios axentes chamaron á central de emerxencias para solicitar axuda despois de que unha das lanchas que participaba no exercicio na que viaxaban seis persoas sufrise un envorque.
Tras recibir o aviso, a central puxo o caso en coñecemento de Salvamento Marítimo, que mobilizou a embarcación Salvamar e o helicóptero Pesca II. Estes efectivos rescataron aos tripulantes e remolcaron a lancha ata o porto de Burela.
Escribe o teu comentario