"Triángulo de Amor Bizarro" é o mellor disco do ano 2020 en España, segundo os xornalistas musicais (vídeo)

O galardón a Mellor Álbum Nacional da VI edición de Premio Ruído recaeu por segunda vez en Triángulo de Amor Bizarro, gañadores desta entrega co seu quinto álbum homónimo, que viu a luz poucos días despois da declaración do Estado de Alarma do pasado mes de marzo.

|

"Deixao todo e ven comigo, deixate levar, unha noite máis; deixa ou choio e vos cativos" cantan os coruñeses no single en Vixiantes do Espello do seu disco homónimo, publicado en pleno Estado de Alarma.


O galardón a Mellor Álbum Nacional da VI edición de Premio Ruído recaeu por segunda vez en Triángulo de Amor Bizarro, gañadores desta entrega co seu quinto álbum homónimo, que viu a luz poucos días despois da declaración do Estado de Alarma do pasado mes de marzo.

'Triángulo de amor bizarro' é unha declaración de principios na que dan renda solta aos sons noise e ritmos post-punk, con temas como 'Asmr para ti' ,'Fukushima' ou'Vixiantes do Espello', que tamén fan unha versión en en galego.


O disco está producido por Carlos Hernández. Os coruñeses xa recibiran o galardón a Mellor Álbum Nacional en 2016 co seu disco 'Salve Discordia' (Mushroom Pillow) e, nesta ocasión, impuxéronse a outros 15 álbums finalistas.



PREMIO OUTORGADO POR MEDIOS
O galardón Premio Ruído creouse case á vez que a propia Asociación da Prensa Musical (PAM) --organizadora destes galardóns-- e inspirouse no británico Mercury Prize: un só álbum, unha soa categoría.

PAM naceu no 2015 co propósito de ser foro de encontro e discusión, pero tamén como modo de visibilización e defensa dunha profesión "cada vez máis precarizada e necesitada dunha soa voz". Tamén quere "ser garante de boas prácticas e usos dentro do xornalismo musical".


Triángulo de Amor Bizarro



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE