A Garda Civil busca a un estafador que tentou vender vacinas do coronavirus a unha residente de Teo

O centro denunciou os feitos ante a Garda Civil, que investiga o suceso

|

O sospeitoso preparara o timo a conciencia, pois sabía cuantos anciáns viven nos Arcanxos de Teo


A Garda Civil investiga un intento de estafa á residencia de maiores Os Arcanxos de Teo (A Coruña), que o pasado sábado recibiu unha chamada a través da que un home ofrecía vacinas da covid-19 por 2.400 euros.


Residencia Os Arcu00e1ngeles de Teo




Segundo explicou a Europa Press a directora deste centro, Isabel Patiño, os feitos ocorreron o pasado sábado sobre as 22.30 horas, cando un home asegurou estar de camiño á residencia con 35 vacinas da covid que tiñan un custo duns 2.400 euros.


SABÍA O NOME DA DIRECTORA
O home, que nun primeiro momento aseguraba que as doses foran xa abonadas, afirmou que estaba a uns 20 minutos do centro, que os responsables da residecía xa foran avisados e solicitou acceder ao recinto para deixar a carga. "Controlaba o número de pacientes, o meu nome, fixeran unha investigación", explica a directora, que sinala que "estaban moi informados".
Con todo, conforme detalla Isabel Patiño, a traballadora que recibiu a chamada respondeulle que non tiña coñecemento de que ían chegar esas doses e que ía falar coa directora do centro, coa que o home finxiu falar durante o transcurso da chamada.


AVISO Á GARDA CIVIL
Ante estes estes, a traballadora procedeu a colgar o télefono e a comunicarse coa directora, unha conversación na que se decataron de que podía tratarse dun intento de estafa.

Por iso, a residencia decidiu poñer os feitos en coñecemento a Garda Civil, que confirmou a Europa Press que investiga o ocorrido.

Precisamente, Isabel Patiño explica que leste mesmo martes, día 19 de xaneiro, os usuarios do centro que dirixe recibirán a segunda dose da vacina da covid-19 por parte do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE