O covid volve bater récords indicando que o confinamento pode ser inevitable pronto

As últimas cifras do coronavirus indican que as actuais medidas non chegan para frear a súa expansión. Este domingo bátense outra vez case todos os récords, de incidencia acumulada semanal, de incidencia acumulada a dúas semanas e da media de taxa de positividade.


|

As últimas cifras do coronavirus indican que as actuais medidas non chegan para frear a súa expansión. Este domingo bátense outra vez case todos os récords, de incidencia acumulada semanal, de incidencia acumulada a dúas semanas e da media de taxa de positividade.


Os 1.124 novos positivos de hoxe é un dos factores que contribúen a eses máximos. Non é o récord de positivos, pero son só 11 menos que a marca máxima de onte.


CRECEMENTOS NUNCA VISTOS

O problema non é que a incidencia acumulada semanal creza. O problema é que xamais creceu tanto nun só día. Hoxe pasa de 226 a 243 diagnosticados por cada 100.000 habitantes á semana. Un salto de 17 puntos nun só día, algo xamais visto e que significa que Galicia acaba de completar a súa peor semana da pandemia.


Ou05Mn incidencia acumulada semanal de coronavirus en galicia  (1)



A incidencia acumulada a dúas semanas tamén está en niveis récord. Sobe ata 389 desde 357. Un salto de 32 puntos nun só día, algo que tampouco nunca se rexistrou. Significa que Galicia acaba de completar a súa peor quincena da pandemia.


A media semanal de positivos dispárase por encima del 10% de test positivos ao día, en parte debido ao 11,8% de onte. Son rexistros inéditos da pandemia desde a primeira onda.





E o que é mais grave, o máximo de positividade prodúcese á vez que o SERGAS está a bater o seu récord de media de PCRs. Nin sequera facendo máis test que nunca a Xunta está a lograr baixar a porcentaxe de positivos.  


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS


Galicia empezou o ano cuns 5.800 infectados. No medio mes duplicáronse. Andamos por os 12.500 casos activos tras a subida do 7,2% onte. 





Por agarrase a algún indicio de mellora, a media semanal de crecemento diario está a perder forza desde fai unhas xornadas. Segue subindo, hoxe pasa do 6,7% ao 7%, pero non tan bruscamente como a semana pasada. Isto dá esperanzas de que un posible cambio de tendencia pronto. Agora ben, mentres esta media non empezo a baixar,  segundo sucedeu noutros rebrotes, trátase só dun indicio, non dun sinal claro.


CONCLUSIÓNS

Así as cousas, con todas as cifras sobre a mesa, pódese inferir que:

  • A pandemia está en niveis máximos e acelerando, sen ningún indicio sólido dun pronto cambio de tendencia.
  • O feito de que a taxa de positividade sitúese en máximos cando os PCRs tamén están en máximos é moi grave. Indica que o SERGAS non é capaz de aumentar a súa capacidade de diagnóstico á suficiente velocidade como para conter o virus.
  • É aínda pronto para avaliar definitivamente a influencia das medidas do SERGAS adoptadas esta semana. Farano os seus expertos o martes. Con todo, é evidente que ningún alivio é posible e que, probablemente, sexa necesario medidas máis duras. O problema é que o arsenal da Xunta empeza a quedar baleiro. Adiantar o toque de queda é unha das poucas armas que queda, antes de recorrer ao temido confinamento domiciliario.


DATOS POR ÁREAS


Se as cifras de Galicia hoxe son malas, as da Coruña son horripilantes. Xamais unha área sanitaria había sumado máis de 300 novos positivos nunha soa xornada.





A gravidade da crise é evidente xa nas UCIS. Ferrol tivo que trasladar onte a dous enfermos a Lugo. A pesar diso, ten 13 pacientes críticos, cando a capacidade habitual da UCI ferrolá é de 14. O problema é que, como os positivos aínda non están a baixar, a presión hospitalaria non baixará, con sorte, ata febreiro.


Máis análise en detalle das cifras a nivel municipal e de área sanitaria nuns minutos en Galiciapress.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE