Desbocado o coronavirus en Galicia: Récord de positivos nun día, case 1.000 nunha soa xornada


De mal a peor. Non hai outra maneira de valorar as extremadamente alarmantes últimas cifras do coronavirus en Galicia. Xamais, nin na primeira onda, crecera tan rápido os positivos. O impacto do Nadal é brutal. A cuestión crave é porqué, a pesar das alarmas lanzadas polos médicos, as Administracións relaxaron as restricións e unha parte significativa da poboación saltounas.


|

De mal a peor. Non hai outra maneira de valorar as extremadamente alarmantes últimas cifras do coronavirus en Galicia. Xamais, nin na primeira onda, os positivos creceran tan rápido. 


O impacto do Nadal é brutal. A cuestión crave é porqué, a pesar das advertencias lanzadas polos expertos, as administracións relaxaron as restricións e unha parte significativa da poboación ignorounas.


Ou05Mn  b casos confirmados por pcrs de coronavirus en galicia b copy  (1)


928 é o máximos de positivos nun día da pandemia. O problema non é ese. É que o anterior récord foi fai só catro xornadas.


PEOR QUE NA ONDA DE OUTONO

Así as cousas, as incidencias acumuladas salguen catapultadas. Estamos en 181 positivos por cada 100.000 galegos á semana. No anterior pico, o do rebote de outono, só chegamos a 172.


A incidencia a dúas semanas aínda non está cifras récord, pero vai por ese camiño. Son 288 diagnósticos por cada 100.000 galegos nos últimos 14 días. Disparouse pouco despois de fin de ano.  É un 74% superior á que había en Noiteboa.





MOITAS PCRS AGORA, DEMASIADO TARDE

Non hai serie que non teña unha evolución alarmante. A taxa de positividade está en máximos desde a primeira onda, cando había poquísimas PCRs. A media semanal é un 8,9% de test positivos cada día, case un punto peor que na crise de outono.


A pesar de que o SERGAS completou onte moitísimos test, case 10.000, non bastou para rebaixar o seu ascenso. O esforzo de Sanidade para facer máis PCRs parece que chega tarde. O virus está a acelerar máis que a súa capacidade da Xunta para aumentar as probas. O problema é que se relaxou, moitísimo, nas festas. Houbo un día que só fixo 2.500 probas.


669 CASOS ACTIVOS MÁIS NUN DÍA

A gráfica de casos activos dá medo. Son xa case 9.500. Eran uns 8.200 hai dous días. De media, cada día o SERGAS ten que atender a case 500 infectados máis. Se segue este ritmo moitos máis días, o servizo de rastrexo colapsará e posteriormente, o SERGAS.





A media semanal é dun crecemento diario dun 5,8% de casos activos, tras o incremento récord do 7.6% onte. No rebote de outono a media quedou no 5,2%.


CONCLUSIÓNS


Con todas estas cifras sobre a mesa, pódese inferir



  • A pandemia está descontrolada en Galicia. O seu ascenso é notablemente máis repentino que en outubro. Coa diferenza que chega nun momento no que xa hai duras restricións vixentes, mentres entón eran moito máis leves. É dicir, o Goberno ten menos marxe de actuación para evitar o confinamento domiciliario. Confinamento que xa reclaman algúns expertos para acougar esta onda mentres se vacúa aos máis vulnerables.
  • Hai algún indicio dunha mellora aínda que sexa a medio prazo? Por agarrarse a unha cifra que achegue esperanza, podemos indicar que a porcentaxe de crecemento de casos activos segue subindo, pero os seus saltos diarios están a perder forza. Cando a porcentaxe de cambio diario empezo a baixar, entón haberá algún indicio sólido de cambio de tendencia.
  • A diferenza doutros repuntes, onde unhas áreas subían moito, outras poucos e outras se mantiñan planas, agora o problema é en toda Galicia. Non é de estrañar por tanto que o SERGAS vaia perimetrar todos os concellos.



DATOS POR ÁREAS SANITARIAS


Dúas áreas sanitarias, A Coruña (229) e Vigo (210), suman hoxe máis de 200 casos, algo extraordinario.   A Coruña é a primeira área sanitaria en superar a marca dos 2.000 casos activos.




A isto contribúen os pésimos datos das cidades da Coruña e Vigo, que suman case 60 positivos ao seu cómputo a 14 días hoxe. Análise en detalle das cifras a nivel municipal e de área sanitaria nuns minutos en Galiciapress.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE