O alcalde da Pastoriza nega as cifras da Xunta e cifra o brote en Bretoña nunha vintena de afectados
Desde o Concello do municipio lucense din que hai "entre 18 e 20" casos positivos, moi lonxe da decena que admite a Xunta.
O alcalde, Primitivo Iglesias, non esconde a súa "preocupación" polo brote rexistrado no geriatrico de Bretoña.
O alcalde da Pastoriza (Lugo), Primitivo Iglesias, móstrase "moi preocupado" tras o brote de coronavirus detectado na residencia de Bretoña.
Este xoves, a Xunta informa de que hai 10 positivos na residencia --oito usuarios e dous profesionais--, aínda que o rexedor eleva esa cifra a "entre 18 e 20 afectados".
"O pasado sábado pola noite chamoume a directora (da residencia), que había uns cuantos residentes que eran positivos de coronavirus". Agora estase á espera de facer PCR "aos que quedan alí, porque os enfermos foron trasladados a Santiago".
O alcalde da Pastoriza non oculta que "hai unha preocupación" entre os veciños, para engadir que "o Concello estivo e está ao dispor do que considere adecuado a residencia".
"Hai unha preocupación notable porque non só son os enfermos, aos que desexamos unha pronta e satisfactoria recuperación, senón tamén porque a maior parte das traballadoras son do municipio", explica Primitivo Iglesias.
Escribe o teu comentario