Galicia sofre a positividade máis alta desde novembro noutro día con máis de 400 positivos

As cifras na comunidade seguen sendo malas por quinta xornada seguida, cun aumento de 56 casos activos despois de detectar, outro día máis, máis de 400 novos positivos.


|

As cifras na comunidade seguen sendo malas por quinta xornada seguida, cun aumento de 56 casos activos despois de detectar, outro día máis, máis de 400 novos positivos.


Concretamente son 412 este sábado, a cifra máis baixa do últimos catro días, pero  por encima dos pouco máis de 300 de media que viña marcando en decembro. 




O número de PCRs, en cambio, marca a peor cifra no últimos catro días. Despois de manterse por encima das 6.000 nos últimos días do ano o 1 de xaneiro non chegaron ao 4.500 test realizados. Con 4.429 PCR nun día Galicia segue cunha tendencia de probas á baixa, tal e como vén facendo desde o inicio do Nadal. 


Estas cifras de novos positivos e poucas PCR axudan a explicar que a positividade en Galicia alcance o 9,3% nesta primeira xornada do ano, a cifra máis alta desde o 19 de novembro, que chegou ao 10%. Isto provocou que a porcentaxe de positividade semanal rolde o 7%, máis de 2,5 puntos con respecto a hai unha semana. 





Os repuntes da última semana levaron á media semanal de Galicia ha dar botes de forma case constante, oscilando entre o descenso e a alza, nos dous casos pouco significativo. Hoxe conta con valores positivos e crece a un ritmo do 0,3%. A incidencia acumulada a 14 días tamén leva varias xornadas en descenso e hoxe queda en 172 por cada 100.000 habitantes.



CRECE A PRESIÓN HOSPITALARIA

As peores noticias esta xornada son as referidas ao número de camas ocupadas por pacientes con coronavirus, con cinco máis en 24 horas, o que fai que Galicia conte con case 300 camas ocupadas nestes momentos. 


No referido ao número de altas médicas, estas caen por baixo das 400 dos últimos dous días: hoxe son 386, 42 menos que onte. Do mesmo xeito, hai que lamentar tres novos decesos. Desde o inicio da pandemia, en Galicia faleceron xa 1.403 persoas pola COVID-19, segundo as cifras oficiais da Xunta. 


IN2IO coronavirus en galicia desde agosto evoluci n diaria




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE