Covid por concellos: situación crítica na Coruña con 47 novos casos en 24 horas; repuntan Santiago, Vigo e Ferrol
A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS permite ver como o escenario na cidade da Coruña comeza a preocupar, e moito, ás autoridades sanitarias, que asisten con impotencia ao crecemento desbocado das cifras de casos activos na cidade herculina. Toda a área da Coruña crece hoxe de forma substancial con máis de medio centenar de casos, moi por encima do crecemento que experimentan hoxe algunhas áreas galegas, xa que ningunha crece por encima da ducia.
A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS permite ver como o escenario na cidade da Coruña comeza a preocupar, e moito, ás autoridades sanitarias, que asisten con impotencia ao crecemento desbocado das cifras de casos activos na cidade herculina.
Toda a área da Coruña crece hoxe de forma substancial con máis de medio centenar de casos, moi por encima do crecemento que experimentan hoxe algunhas áreas galegas, xa que ningunha crece por encima da ducia.
O nivel de alerta nas sete cidades é moi distinto. Santiago de Compostela, xunto coa cidade olívica, a cidade herculina, a cidade departamental e a cidade termal, atópase no nivel laranxa con unha incidencia acumulada en 14 días de entre 150 e 250 casos por 100.000 habitantes. Son as cidades que debuxan un peor panorama, xa que as demais, a cidade amurallada e a cidade do Lérez, están hoxe en rosa escuro con unha incidencia acumulada de entre 50 e 150 casos por 100.000 habitantes. As sete cidades abandonaron o nivel vermello de alerta, pero da súa evolución dependerá que se apliquen novas restricións ou se levanten a existentes.
Ciudad a cidade, vemos que A Coruña empeora a pasos axigantados. No últimos sete días ofrece unha variación de 170 casos. Só nas últimas 24 horas este cambio é de 47 casos máis, lonxe dos 22 máis que suma Santiago, os once de Vigo ou os dez de Ferrol, cidades que tamén preocupan ás autoridades pero que nin xuntas suman as cifras tan alarmantes que hoxe ofrece a cidade herculina. Mentres Pontevedra encabeza a desescalada esta xornada con oito casos menos con respecto a onte, mentres Lugo e Ourense tamén crecen, pero con dous e un caso máis respectivamente.
Por municipios, os datos de hoxe confirman que Vilagarcía de Arousa, Boiro e Santa Comba manteñen a súa desescalada ao lanzar variacións importantes. No municipio arousán o cambio é e once casos menos, mentres que no barbancés esta variación é de catorce menos desde onte. Santa Comba rebaixa en oito as súas cifras, un cambio similar ao de Viveiro, que baixa en sete. En ascenso vemos a Ames, con oito casos máis, A Estrada, con sete máis, e Ribadeo, con sete máis.
ÁREAS SANITARIAS
Con estas cifras na man, comprobamos que a área sanitaria que peor comportamento ofrece é a de A Coruña, que en só 24 horas creceu en 59 casos activos máis despois de detectar 116 novos positivos cunha porcentaxe de positividade do 11,4%. Estas cifras non está nlejos de Santiago de Compostela, que anotou 115 novos contagios cunha positividade do 11,3%, pero isto trasládase ás súas cifras de casos activos cun cambio de só unha decena de casos máis.
Tamén crece Lugo, por sexta xornada seguida. Faio cunha ducia de casos activos máis tras computar 39 novos positivos, cunha positividade do 8,2%. Ferrol, con 21 novos positivios e a segunda positividade máis alta de Galicia esta xornada (12,5%) crece en apenas dous casos novos desde onte e segue sendo a área menos afectada.
O maior descenso da xornada atopámolo na área sanitaria de Pontevedra. A pontevedresa perde 16 casos activos tras contabilizar 42 novos positiviso, cunha porcentaxe de positividade do 16,6%, o máis alto da comunidade. Séguelle Vigo, con seis casos menos e unha positividade do 10,7% ao rexistrar 65 novos positivos.
Ourense é a única cunha porcentaxe de positividade por baixo do 5% que marca a OMS: 3,2%. Faio despois de anotar só catorce novos positivos, o que provoca á súa vez que reduza as súas cifras en cinco casos menos.
Segundo os datos das notas de prensa do SERGAS, este sábado 2 de xaneiro o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.833, dos cales 1.150 son da área da Coruña, 475 de Lugo, 595 de Ourense, 773 de Pontevedra, 1.175 da área de Vigo, 1.356 de Santiago e 309 de Ferrol.
Escribe o teu comentario