​Aarón Martín só é o “teloneiro” dun Celta que segue buscando un dianteiro

O lateral zurdo non será a única chegada no Celta de Vigo, que espera pechar canto antes un ariete.


|


O lateral zurdo non será a única chegada no Celta de Vigo, que espera pechar canto antes a contratación de un ariete.


Aaron martu00edn



A case toda a parroquia celtiña a fichaxe de Aarón Martín para apontoar o carril zurdo do Celta foi toda unha sorpresa. Nun mercado marcado pola crise económica e polos poucos choios que pode ofrecer este xaneiro de vacas fracas, na Sede deron un verdadeiro golpe de efecto cun xogador que, a pesar de non brillar como se esperaba en Alemaña, aínda goza de moi bo cartel en España. Con todo, a chegada do lateral non significa pechar a porta de A Madroa a caras novas.


De feito, Coudet xa adiantou que a gran pretensión do club nesta xanela de fichaxes segue sendo a chegada do tan ansiado nove que complemente un ataque que adoece da figura dun dianteiro centro ao uso. Se ben tanto Iago Aspas como Santi Mina poden ocupar a demarcación da referencia ofensiva, ningún deles axústase ao perfil que busca o técnico arxentino dun xogador máis rematador e de área.


“O club vai mover”, anunciou o adiestrador celeste, aínda que puntualizou que prometía ser unha operación longa e custosa. “Non é inmediato, pero empezamos a ver o abanico de posibilidades que se poden presentar”, comentou. Nese sentido, confía en que este mercado o club poida reforzar o persoal ata contar con polo menos un recambio en cada posición.


Así, indica que Martín era “unha contratación que necesitabamos” pola indisposición de Juncà, aínda que non poderá debutar ata que non se abra oficialmente a persiana de fichaxes o día 4 de xaneiro. Un Juncà que, doutra banda, ten o cartel de transferible, ao igual de Jorge Saenz e David Costas, xogadores polos que en Vigo esperan sacar un belisco que supoña a chave do dianteiro.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE