O coronavirus está a subir en Galicia e a taxa de positividade disparouse tras o Nadal

Os últimos datos do coronavirus en Galicia volven ser preocupantes. Segunda xornada consecutiva por encima dos 400 positivos diarios; onte 441, hoxe 438. Non pasaba algo así desde fai máis dun mes. A subida é xeral, pero especialmente grave na cidade da Coruña e o concello de Ames, veciño a Santiago.


|

Os últimos datos do coronavirus en Galicia volven ser preocupantes. Segunda xornada consecutiva por encima dos 400 positivos diarios; onte 441, hoxe 438. Non pasaba algo así desde fai máis dun mes. A subida é xeral, pero especialmente grave na cidade da Coruña e o concello de Ames, veciño a Santiago.


Sexa porque a nova cepa británica xa deixa notar a súa maior capacidade de contaxio (o SERGAS confirmou onte un positivo na área de Compostela e hoxe seis na Mariña), sexa porque as reunións de Noiteboa empezan a deixarse notar polas estatística, o que é indubidable que algo cambiou nestes dous últimos días. Desgraciadamente, cambiou a peor. O impacto déixase ver sobre todo na porcentaxe de probas que resultan positivas. 


UGWvm porcentaxe de pcrs positivas de coronavirus en galicia




A incidencia acumulada repuntou en dous días de 78 a 87 positivos por cada 100.000 galegos á semana en só dous días. O ascenso da incidencia a dúas semanas é tamén brusco, de 161 a 167 en dous días.




O repunte non se explica porque o SERGAS faga máis probas. As últimas dúas xornadas anda sobre as 6.500, cando antes do Nadal rozou as 10.000. Durante o Nadal, fixéronse iso si, poquísimas probas, sobre as 3.800.


O SERGAS lograra baixar a taxa de positividade antes do Nadal a  menos do 4%. Desde as festas está a subir como a escuma. A media semanal está xa no 6,1%, o peor rexistro desde finais de novembro. Onte foi do 6,7%.


CASOS ACTIVOS



O rebote de positivos impacta no cómputo de infectados. Hoxe crece un 1%, cuarto día consecutivo que sobe. Hai que remontarse a principios de novembro para atopar catro xornadas ineterrumpidas de alza de casos activos.





En Galicia hai agora 5.680 casos activos, 55 máis que onte. A media semanal reflicte un incremento dun 0,1% diario. 


CONCLUSIÓNS

En resumo, con todos estes datos sobre a mesa, pódese deducir que:


- A pandemia levaba todo decembro con altibaixos, pero cunha lixeira tendencia á alza de positivos. Esa tendencia non era alarmante, pois se daba á vez que o SERGAS realizaba moitísimos máis test e, en consecuencia, a taxa de positividade baixara .


- Con todo, nos últimos días, a pesar de que o SERGAS completa menos PCRs debido ao parón de Do Nadal, os positivos disparáronse e a taxa de positividade tamén. Isto pode indicar que un novo factor está a influír na pandemia en Galicia.


- Ese factor pode ser o impacto das reunións do Nadal, que empezaron hai unha semana e, por tanto, deben empezar a deixarse ver nas estatísticas de positivos estes días. 


- Outro posible factor é o impacto da variante británica do coronavirus, que o SERGAS xa confirmou en polo menos nun caso de Santiago e varios casos sospeitosos na Mariña e A Coruña. As zonas con maior crecemento estes días son, precisamente, estas áreas.


DATOS POR ÁREAS SANITARIAS


A Coruña e Santiago volven ser as áreas sanitarias que máis positivos descubriron onte, 115 e 89 respectivamente. Son tamén as que teñen máis hospitalizados, 70 e 69 respectivamente.




Especialmente preocupante é o repunte que está a sufrir a cidade da Coruña. Hoxe suma polo menos 49 positivos máis. Nuns minutos Galiciapress publicará unha análise en detalle dos números de hoxe a nivel municipal e de área sanitaria.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE