Covid por municipios: onde máis sobe (A Coruña, Santiago e A Mariña) é onde hai confirmados ou sospeitosos da nova cepa

En Santiago é onde o SERGAS acaba de confirmar o primeiro caso da cepa británica. A Xunta tamén acaba de informar de seis casos sospeitosos en A Mariña Lucense, comarca á que pertence Xove. 



|

É posible que sexa unha coincidencia e non unha causalidade. Con todo, os datos indican que os tres municipios nos que máis sobe hoxe o coronavirus en Galicia coinciden con as zonas nas que o SERGAS detectou positivos da cepa británica máis contaxiosa, ou estuda sospeitosos.





O concello da Coruña suma hoxe  338 positivos nos últimas dúas semanas. Son 37 máis que o cómputo de onte. É o maior salto na cidade no que vai de mes. De feito, é un aumento repentino non visto en bastante tempo.










O concello de Xove suma hoxe 65 positivos nas últimas dúas semanas. Son 20 máis que onte. 





O concello de Santiago suma hoxe 215 positivos nas últimas dúas semanas. Son 19 máis que onte. É un cambio moi brusco, pois Santiago lograra empezar a baixar fai cinco días.





En Santiago é onde o SERGAS acaba de confirmar o primeiro caso da cepa británica. A Xunta tamén acaba de informar de seis casos sospeitosos na Mariña Lucense, comarca á que pertence Xove. 


CASO SOSPEITOSO NA CORUÑA?

A Consellería non informou de que área sanitaria procede o outro sospeitoso. Con todo, hai dous días fontes médicas do CHUAC indicaron a Galiciapress e outros medios que había unha muller ingresada con coronavirus sospeitosa de sufrir esta cepa. O SEGAS dixo entón que había casos en estudo, pero ningún confirmado.


Galiciapress preguntou hoxe ao SERGAS se o sospeitoso do cal o conselleiro non informou a súa procedencia provén da Coruña, pero a Administración evita confirmar ou desmentir ese dato, ata ter confirmación de se padece ou non esa cepa. Hai que ter en conta que no caso da Mariña si informa da procedencia dos sospeitosos, a pesar de non estar confirmado tampouco que sufran a variante británica.


Lembrar tamén que os expertos indican que esta cepa non causa máis síntomas ou mortes, pero si é máis transmisible. 


MUNICIPIOS QUE MÁIS MELLORAN E QUE MÁIS EMPEORAN

Ademais de A Coruña (+37), Xove (+20) e Santiago (+19), hoxe aumentan significativamente os casos en Vimianzo (+12), A Estrada (+9), Ribeira (+7) e Cee (+7).


As mellores noticias proveñen de Vigo (-21), Boiro( -13), Fisterra (-13), Pontes de Garcia Rodriguez  -13), Mazaricos (-9), Melide -8 e Ou Porriño (-8 ).


DATOS DE CASOS ACTIVOS POR ÁREAS SANITARIAS

Na análise  de infectados por áreas sanitarias chama a atención o brusco ascenso da Coruña, que pasa de 884 a 956 contaxiados nunha soa xornada. É o maior rebote nun mes.






Notable repunte de hoxe na área de Lugo, que pasa de 397 a 430 casos activos, a única área sanitaria cunha liña claramente á baixa é Ferrol, a máis pequena.


Durante o último día, as áreas co maior número de pacientes con enfermidade activa foron Santiago e O Barbanza, que acumula 1.373 --37 máis--, e Vigo, que rexistra 1.173 --19 menos--.
Na zona da Coruña e Cee hai 956 pacientes con infección activa, o que supón un aumento de 72 respecto ao día anterior, e en Pontevedra, 821 --31 menos--. Pola súa banda, en Ourense súmanse 545 pacientes con COVID-19 activo --20 máis--, en Lugo, 430 --33 máis-- e en Ferrol, 327 --10 menos--. 


NOVOS POSITIVOS POR ÁREAS SANITARIAS

Ferrol é tamén a que mellor cifra de novos diagnósticos persenta hoxe, só 13. No extremo oposto están A Coruña (118) e Santiago - O Barbanza (103).




A Coruña e Cee representa a área sanitaria que rexistra un maior número de novos positivos, 118 --76 máis que o día anterior--; seguida por Santiago de Compostela e O Barbanza, que reporta 103 novos contagios --49 máis--.

Ademais, Vigo contabiliza 73 novos casos confirmados por PCR --tres máis-- e pasa de ser a área con máis positivos diarios a ser a terceira. Pontevedra e O Salnés acumula 48 persoas máis con COVID-19 na última xornada --16 máis-- e Ferrol experimenta unha caída de 17 ata 13. En cambio, a área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte presenta 50 casos confirmados, o que supón un repunte de 37. 


CURADOS E FALECIDOS

Deste xeito, desde o inicio da pandemia diagnosticouse coronavirus a un total de 62.466 persoas na comunidade. Delas, 55.460 curáronse, 376 nas últimas 24 horas.

Doutra banda, as vítimas mortais que deixou a pandemia desde o seu inicio en Galicia ascenderon 1.386, seis delas falecidas no último día.  Unha delas era un home de só 49 anos, que faleceu onte en Vigo.


InXUz coronavirus por concellos de galicia  (1)







Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE