Covid por municipios: Vigo e Pontevedra son as dúas caras da moeda; desescalan O Grove, Vilagarcía e As Pontes
A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS permite ver como a situación, ás portas de Noitevella, mantense "estable dentro da gravidade" no conxunto de Galicia. Os cambios máis importantes danse hoxe nas cidades despois de que onte todas elas ofrecesen un descenso nas súas cifras. Vigo é hoxe a que máis sobe, mentres Pontevedra é o que máis baixa.
A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS permite ver como a situación, ás portas de Noitevella, mantense "estable dentro da gravidade" no conxunto de Galicia.
Os cambios máis importantes danse hoxe nas cidades despois de que onte todas elas ofrecesen un descenso nas súas cifras. Vigo é hoxe a que máis sobe, mentres Pontevedra é o que máis baixa.
En canto ás sete cidades hoxe atopamos poucas variacións. Santiago de Compostela, xunto coa cidade olívica e a cidade do Lérez, atópase no nivel laranxa con unha incidencia acumulada en 14 días de entre 150 e 250 casos por 100.000 habitantes. Son as cidades que debuxan un peor panorama, xa que as demais, a cidade amurallada, a cidade herculina, a cidade departamental e a cidade termal, están hoxe en rosa escuro con unha incidencia acumulada de entre 50 e 150 casos por 100.000 habitantes. As sete cidades abandonaron o nivel vermello de alerta,e mesmo Ourense abandonou o peche perimetral, algo que tamén fará Lugo a partir de mañá.
Ciudad a cidade, vemos un comportamento desigual. Mentres que Pontevedra encabeza a desescalada esta xornada con catorce casos menos con respecto a onte, Vigo é a que máis sube xunto con A Coruña, con nove casos máis cada unha. Ourense suma cinco máis e Ferrol seis máis; Santiago perde cinco casos e Lugo mantén as cifras de onte.
Por municipios, os datos de hoxe confirman que Vilagarcía de Arousa, As Pontes de García Rodríguez e O Grove atópanse en plena desescalada ao lanzar unha variación de dez casos menos con respecto a onte. Xove e Vimianzo, pola contra, seguen experimentando un aumento de casos, do mesmo xeito que Muros, que entrou onte no nivel medio-alto de restricións e que hoxe suma oito casos máis.
ÁREAS SANITARIAS
O conxunto de Galicia hoxe sofre poucos cambios ao que a casos activos refírese, xa que a comunidade suma só unha quincena de casos máis en 24 horas. A Coruña e Vigo, con 24 e 15 casos máis respectivamente, son as que máis crecen. Con todo, mentres que a positividade na área herculina esborrállase ata o 1,5%, a máis baixa de toda Galicia, en Vigo esta alcanza o 13,7%, a máis alta da comunidade só superada polo 13,9% que ofrece hoxe Ferrol, que tamén crece nas súas cifras (un caso máis desde onte). Neste sentido, os test detectaron esta xornada 42 novos positivos na área coruñesa, 70 na viguesa e 30 na ferrolá.
As demais áreas ou descenden levemente, como ocorre en Santiago e Pontevedra que perden once e catorce casos respectivamente, ou non sofren cambios, como Ourense e Lugo que manteñen os mesmos algarismos de onte.
Na área da capital, onde se anotaron 54 novos positivos, a porcentaxe de positividade é do 7,9%, por encima da 6,2% da área da cidade do Lérez, que computou 32 novos casos. Ourense, que rexistrou unha vintena de novos positivos, e Lugo, con trece positivos confirmados, contan con porcentaxes de positividade por baixo do 5% que marca a OMS: 2,6% a auriense; 3,2% a luguesa.
Segundo os datos das notas de prensa do SERGAS, este martes 29 de decembro o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.523, dos cales 884 son da área da Coruña, 397 de Lugo, 525 de Ourense, 852 de Pontevedra, 1.192 da área de Vigo, 1.336 de Santiago e 337 de Ferrol.
Escribe o teu comentario