Covid por concellos: melloría nas cidades, Boiro e As Pontes lideran os descensos; Ribadeo e Xove as subidas

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS permite ver como a situación segue sendo "estable dentro da gravidade" no conxunto de Galicia, aínda que con municipios na Mariña de Lugo que experimentan unha subida preocupante.


|

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS permite ver como a situación segue sendo "estable dentro da gravidade" no conxunto de Galicia, aínda que con municipios na Mariña de Lugo que experimentan unha subida preocupante.




Con todo, no apartado máis positivo hai que deter a vista nas Pontes e Boiro, dous municipios que despois de chegar ao teito da enfermidade parecen desescalar a bo ritmo. 



En canto ás sete cidades hoxe atopamos poucas variacións. Santiago de Compostela, xunto coa cidade olívica e a cidade do Lérez, atópase no nivel laranxa con unha incidencia acumulada en 14 días de entre 150 e 250 casos por 100.000 habitantes. Son as cidades que debuxan un peor panorama, xa que as demais, a cidade amurallada, a cidade herculina, a cidade departamental e a cidade termal, están hoxe en rosa escuro con unha incidencia acumulada de entre 50 e  150 casos por 100.000 habitantes. As sete cidades abandonaron o nivel vermello de alerta, pero o ascenso podería obrigar a algunha a reentrar no máximo nivel de alerta epidemiolóxica. 


Ciudad a cidade, todas melloran hoxe as súas cifras con respecto a onte. A Coruña é a que rebaixa máis os seus algarismos, con dez casos menos, seguida de Lugo con oito e Ourense con sete. Con seis menos están Pontevedra e Santiago de Compostela, mentres que Ferrol alivia as súas cifras con catro casos menos. Vigo é hoxe a que menos baixa ao perder só dous . 


Se nos detemos concello a concello destacan sobre as demais As Pontes de García Rodríguez, cunha variación de 22 casos menos con respecto á súa última cifra, e Boiro, cunha ducia de casos menos. No lado oposto, atópanse as lucenses Ribadeo e Xove, que suman oito e sete casos máis respectivamente, plasmando así o empeoramento paulatino dos últimos días. Agora mesmo as comarcas do Barbanza e Muros-Noia son as que atravesan a situación máis delicada xunto con parte da Mariña lucense.


ÁREAS SANITARIAS

Por áreas, só Lugo ve crecer as súas cifras esta xornada. A área lucense, despois de dous días en baixada, suma hoxe 23 novos casos activos aos seus algarismos. Con todo, é a única de todas as áreas sanitarias que conta cunha positividade por baixo do 5% que marca a OMS: 3,8% despois de computar 41 novos casos.


No lado contrario atópase Vigo, que é a que rexistra o descenso máis acusado, con 49 casos menos en 24 horas, á que segue Pontevedra, con 30 casos menos. Mentres a área olívica anotou 51 novos positivos, a pontevedresa fixo o propio con 33 contagios novos. A positividade, con todo, é moi similar entre as áreas veciñas: 6,6% e 6,7% respectivamente.


Menos significativo é o o descenso en Santiago de Compostela, con só cinco casos menos, aínda que se trata da súa segunda xornada consecutiva sen ascender. Con todo, lidera os apartados de novos positivos -70- e positividade -9,2%-. 


A Coruña, Ourense e Ferrol tamén decrecen, con descensos do trece, quince e doce casos menos respectivamente, despois de detectar 50, 18 e catorce novos positivos, nesa orde. A positividade nestas áreas vai do 7,4% da ferrolá ata o 5,9% da auriense, pasando polo 6,5% da herculina. 






Segundo os datos das notas de prensa do SERGAS, este luns 28 de decembro o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.508, dos cales 860 son da área da Coruña, 397 de Lugo, 525 de Ourense, 866 de Pontevedra, 1.177 da área de Vigo, 1.347 de Santiago e 336 de Ferrol. 


InXUz coronavirus por concellos de galicia  (1)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE