Covid por concellos: Vigo está disparado e Santiago arrastra a Teo; Pontevedra e Bueu os que máis melloran
A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS permite ver como a situación segue sendo "estable dentro da gravidade" no conxunto de Galicia, aínda que con municipios que experimentan unha subida moi preocupante.
A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS permite ver como a situación segue sendo "estable dentro da gravidade" no conxunto de Galicia, aínda que con municipios que experimentan unha subida moi preocupante.
O caso máis alarmante estes días é o de Vigo, que reviste momentos de subidas moi pronunciadas e descensos sensibles en períodos moi curtos. Das cidades é a que ofrece un comportamento máis errático, xunto coa capital galega.
Santiago de Compostela, xunto coa cidade olívica e a cidade do Lérez, atópase no nivel laranxa con unha incidencia acumulada en 14 días de entre 150 e 250 casos por 100.000 habitantes. Son as cidades que debuxan un peor panorama, xa que as demais, a cidade amurallada, a cidade herculina, a cidade departamental e a cidade termal, están hoxe en rosa escuro cunha incidencia acumulada de entre 50 e 150 casos por 100.000 habitantes. As sete cidades abandonaron o nivel vermello de alerta, pero o ascenso podería obrigar a algunha a reentrar no máximo nivel de alerta epidemiolóxica.
Ciudad a cidade, as dúas urbes da provincia de Pontevedra son os polos opostos nestes momentos: Vigo suma 19 casos máis comparado coas cifras de onte; Pontevedra descende en 15. A Coruña suma tres e Ferrol dous, mentres que Lugo rebaixa os seus datos en catro menos, Santiago en dous menos e Ourense nun menos.
Se nos detemos concello a concello, observamos que a delicada situación que vive Compostela está a trasladarse aos municipios contiguos. Así, Teo suma hoxe sete casos máis. Os maiores descensos rexístranos Ponteareas e Bueu, con sete e oito casos menos respectivamente. En cambio, Vimianzo, con nove máis, segue experimentando un aumento considerable nas súas cifras. Na comarca do Barbanza a situación empeorou bastante en Rianxo, que suma seis novos casos, mentres Boiro e Ribeira parece que seguen co seu desescalada. A Pobra, a única localidade sen restricións, empeorou lixeiramente nos últimos días e atópase no nivel de alerta alto pola súa incidencia acumulada.
ÁREAS SANITARIAS
As cifras por áreas sanitarias son esta xornada un pouco mellores se as comparamos co día anterior. O conxunto de Galicia descende nos seus algarismos de casos activos, grazas en gran medida aos 47 casos menos da área sanitaria de Vigo, que con todo computou onte 94 novos positivos e rexistrou o maior porcentaxe de positividade da área en varias semanas: 12,3%.
Só os 96 casos positivos que anotou onte Santiago impiden á cidade olívica liderar todos os apartados. A capital, en cambio, conta cunha porcentaxe de positividade do 6,6% e subiu en 32 novos casos activos co maior salto da xornada.
A Coruña e Ourense tamén soben, pero os seus repuntes son apenas perceptibles con dous e sete casos máis respectivamente. No lado oposto atópanse estas áreas no referido a novos contagios -61 a herculina; 39 a termal- e en positividade -5,2 a coruñesa; 3,9 a ourensá-.
As demais áreas rebaixan hoxe as súas cifras. Ferrol perde 16 casos activos, Pontevedra unha quincena e Lugo descende nun caso menos. As porcentaxes de positividade neste sentido son variados, xa que mentres Pontevedra e Lugo detectaron onte 38 e 33 novos positivos cunha porcentaxe do 8,8% e o 9% respectivamente, en Ferrol o número de novos casos foi de apenas unha ducia, cunha positividade do 4,8%.
Segundo os datos das notas de prensa do SERGAS, este sábado 26 de decembro o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.716, dos cales 901 son da área da Coruña, 381 de Lugo, 558 de Ourense, 907 de Pontevedra, 1.232 da área de Vigo, 1.355 de Santiago e 382 de Ferrol.
Escribe o teu comentario