​Xoguetes e máscaras para as familias con menos recursos por cortesía de Viaqua

|

A empresa levou a 17 concellos de Lugo e A Coruña máis de 12.000 máscaras cirúrxicas infantís, así como ao redor de 200 xoguetes “inclusivos, non sexistas e colaborativos”.


Viaqua emprende esta acción cos Servizos Sociais dos concellos de Viveiro, Betanzos e Sada e nestes dous últimos en colaboración con Cruz Vermella.


Entrega Xoguetes Betanzos Viaqua



O fin da iniciativa é que os nenos e nenas galegos “poidan gozar do dereito para xogar” neste Nadal, con independencia da súa situación social e económica, tal e como leva facendo varios anos.


Ademais da entrega de xoguetes, Viaqua quere contribuír nestas datas tan complicadas, marcadas pola pandemia mundial do COVID-19, ao benestar social e protección da poboación galega, coa repartición de máis de 12.000 máscaras cirúrxicas infantís en 17 municipios da Coruña e Lugo”, indica a empresa no seu comunicado.


Entrega Xoguetes e macarillas infantís Viveiro Viaqua



Esta é unha das accións sociais de Viaqua nestas datas “a través de alianzas locais, buscando ir máis aló da xestión dun servizo púbico”. Recentemente, Viaqua e a Cruz Vermella repartiron material deportivo para os nenos das familias máis desfavorecidas de Santiago de Compostela. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE