COVID por concellos: Vilagarcía, Viveiro e Ribeira os que máis soben; Vigo, Narón e Redondela á baixa

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS permite ver como a situación vai empeorando no conxunto de Galicia, con especial incidencia en localidades como Vilagarcía de Arousa, Viveiro ou Ribeira.


|

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS permite ver como a situación vai empeorando no conxunto de Galicia, con especial incidencia en localidades como Vilagarcía de Arousa, Viveiro ou Ribeira.



Nas cidades o panorama é distinto, porque aínda que hoxe Vigo lidera o descenso cunha quincena de casos menos con respecto a onte Santiago de Compostela suma hoxe once, o que reflicte a delicada situación na que volve estar inmersa a capital galega. 


A capital de Galicia é a que debuxa a día de hoxe o peor escenario e atópase no nivel laranxa, como a cidade do Lérez, a cidade departamental e a cidade olívica, con unha incidencia acumulada en 14 días de entre 150 e 250 casos por 100.000 habitantes. Un banzo máis abaixo, en rosa escuro cunha incidencia acumulada de entre 50 e  150 casos por 100.000 habitantes, atópanse a cidade amurallada, a cidade herculina e a cidade termal. As sete cidades abandonaron o nivel vermello de alerta, pero o ascenso podería obrigar a algunha a reentrar no máximo nivel de alerta epidemiolóxica. 


Nas cidades Vigo volve ser a que lidera o descenso de casos, cun descenso de quince menos desde onte. Séguenlle Lugo Ferrol con cinco menos, mentres que Pontevedra perde tres. Si crecen hoxe A Coruña, con catro máis, e Ourense, con cinco máis, pero lonxe os dous dos once que suma hoxe Santiago de Compostela




Se nos detemos concello a concello apreciamos explosións de casos sensibles en Vilagarcía de Arousa (+13), Viveiro (+12) e Ribeira (+10). Destaca tamén Santa Comba, con oito máis que onte. En descenso, atópanse Narón e Redondela, con doce e once casos menos. Tamén decrece notablemente Moaña esta xornada. Boiro, que parece chegar ao pico da enfermidade, baixa hoxe nun caso menos. 




ÁREAS SANITARIAS

O avance da enfermidade en Galicia é unha evidencia e nin sequera as áreas sanitarias que lanzaban un mellor comportamento, como A Coruña e Lugo, poden evitar crecer esta xornada no referido ao número de casos activos: nove e tres máis respectivamente. A área herculina non vía crecer as súas cifras desde o 25 de novembro; a lucense desde o 28 de novembro. A positividade, en cambio, segue sendo baixa nas dúas áreas, cun 3,9% na coruñesa e un 4,2% na luguesa, aínda que han rexistraron 69 e 32 novos contagios nas últimas 24 horas respectivamente. 


Vigo é a que máis novos casos computou -75- e, paradoxalmente, a que máis descende esta xornada: 55 casos activos menos. A súa positividade, doutra banda, está por encima do 5% que marca a OMS, cun 5,7%. Só a veciña Pontevedra, cun 9% de positividade, conta con peores cifras nese capítulo. A área da cidade do Lérez anotou onte 69 novos casos e sobe en 28 casos activos máis.


A pontevedresa é a segunda área que máis sobe este sábado, só por detrás de Santiago de Compostela, que segue coa súa preocupante escalada ao engadir 51 casos máis á lista de casos activos. A positividade, con todo, non é preocupante, cun 3,4%, a pesar de detectar 74 novos contagios, a segunda maior cifra da xornada.


Os mellores datos chegan hoxe desde as áreas de Ourense e Ferrol, que só rexistraron 18 e nove novos positivos, cunha positividade do 2,2% e o 2,5%. Mentres a área auriense baixa en dous casos activos menos, a ferrolá faio en 22 casos menos. 





Segundo os datos das notas de prensa do SERGAS, este sábado 19 de decembro o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.653 , dos cales 870 son da área da Coruña, 404 de Lugo, 478 de Ourense, 925 de Pontevedra, 1.247 da área de Vigo, 1.195 de Santiago e 534 de Ferrol. 


InXUz coronavirus por concellos de galicia nbsp  (2)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE