Chamamento a doar sangue, sobre todo A+ e 0-, cuxas reservas están baixas en Galicia

Galiciapress contactou coa Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e co SERGAS para coñecer de primeira man a situación actual do banco de sangue galego. 


|

Galiciapress contactou este xoves coa Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e co SERGAS para constatar como impacta esta onda de coronavirus ás doazóns e reservas de sangue.


Previamente, persoal do SERGAS en Santiago alertara a este medio que as baixas reservas estaban a provocar dificultades para operar, algo que desmentiu de plano a EOXI compostelá.


Doar sangue ados

ADOS alerta da necesidade de contar con doantes A+ e 0-


Iso si, desde a Axencia de Doazon de Sangue (ADOS) indican as reservas  de tipo A+ e 0- atópanse nun nivel baixo, polo que fan un chamamento especial á cidadanía para que se acheguen a doar, en particular no período do Nadal, no que, lembremos, aumentan os accidentes.


As reservas tipo A-, O+, O-,B+ e AB- atópanse nos niveis normais.  Doutra banda, sángrelas tipo B- ou AB+ contan con reservas “boas”, segundo ADOS.


Diariamente son necesarias entre 400 e 500 doazóns para atender as necesidades dos nosos hospitais”, lembran desde ADOS. Desta forma, animan aos galegos “para participar nas campaña de doazón”.


ALERTA NO CHUS

Esta mañá unha fonte do persoal sanitario advertiu a este medio que a escaseza de reservas sanguíneas provocara dificultades no Hospital de Santiago


Desde a área sanitaria compostelá desmenten tal alerta e afirman que a actividade de cirurxía do Complexo Hospitalario é a normal.


Con todo, si recalcan que nestes momentos son moi necesarias as doazóns, especialmente de tipo A+, que se atopa nun nivel baixo, e a 0-, que pola súa condición de “sangue universal”, sempre é necesaria. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE