Así queda o novo mapa de restricións por coronavirus en Galicia, con Ourense como única cidade sen perímetro

|

Como cada vez que hai unha reunión do Subcomité Clínico do SERGAS para o coronavirus cambian as restricións en Galicia. Ademais do 're-confinamento' de Santiago de Compostela, a principal novidade é que o  empeoramento leva a Ribeira, Bueu e Baiona a subir ao nivel máximo de limitacións.


A parte boa lévanlla Barro, Coristanco, Cee, Laxe, Carballo e Ponteceso, que pasan a nivel básico, en verde no mapa. Só os municipios en nivel básico están libres de confinamento perimetral.


Lembrar tamén que os expertos poñen en  vixilancia especial aos concellos de Verín, O Barco, A Rúa, Cedeira e San Sadurniño.  Isto non implica ningún cambio, por agora; pero é probable que alí se endurezan as restricións na próxima reunión se os seus datos seguen empeorando.


A resposta a esta cuestión, o venres, tras a próxima reunión do comité.


Os novos cambios de nivel entrarán en vigor na medianoite do mércores ao xoves. Lembrar que en toda Galicia segue vixente o toque de queda entre a partir das 11 da noite e ata as 6 da mañá.






QUE DIFERENZAS HAI EN CADA NIVEL?


Nivel de restrición máximo (vermello no mapa)

- Confinamento perimetral

- Hostalería: abrir só terrazas ao 50 %, ata as 17 horas e cunha agrupación máxima de 4 persoas conviventes ou non.


Nivel de restrición medio alto (laranxa no mapa)

- Confinamento perimetral

- Hostalería: apertura da hostalería realizarase cun 30% de aforo no interior e un 50% no exterior, ata as 17 horas e cunha agrupación máxima de 4 persoas conviventes ou non convivente 


Nivel de restrición medio (rosa no mapa)

- Confinamento perimetral


- Hostalería: a apertura da hostalería farase cun 40% de aforo no interior e 50% no exterior, ata as 23 horas e cunha agrupación máxima de 6 persoas conviventes ou non


Nivel de restrición básico (verde no mapa)

-  Sen confinamento perimetral

- O criterio de apertura da hostalería será de 50% de aforo no interior e 75% no exterior, ata as 23 horas, e cun máximo de 6 persoas conviventes ou non. 


QUE CRITERIOS USA A Xunta PARA DEFINIR CADA NIVEL?

Son diferentes aos pactados co Estado. Por iso o mapa de niveis da Xunta difire en cores de o mapa de incidencia acumulada a 14 días por municipios de Galicia, para o que Galiciapress usa os niveis de o semáforo de alertas estatal pactado no seu día coa Xunta.


Nivel de restrición máximo (vermello no mapa)

Concellos de máis de 10.000 habitantes con incidencia acumulada a 14 días igual ou maior de 250


Nivel de restrición medio alto (laranxa no mapa)

Concellos de máis de 10.000 habitantes, que teñan un incidencia aproximada de entre 150 e 250 a 14 días e para os de menos de 10.000 habitantes cunha incidencia de máis de 250 a 14 días


Nivel de restrición medio (rosa no mapa)

Cando a incidencia a 14 días estea entre 100 e 150 nos concellos de máis de 10.000 habitantes, e entre 150 e 250 nos de menos de 10.000


Nivel de restrición básico (verde no mapa)

Cando a incidencia estea por baixo dos 100 en concellos de máis de 10.000 habitantes e dos 150 nos concellos de menos de 10.000


RnqTm niveis de restricións municipais da xunta de galicia nbsp  (2)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress